From Wikipedia, the free encyclopedia
A 25.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 19 de marzo de 1953 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles e no NBC Century Theatre de Nova York (Estados Unidos). Os mestres de cerimonias foron Bob Hope nos Ánxeles e Conrad Nagel en Nova York. Foi a primeira cerimonia dos Óscar televisada.[1]
Con cinco premios, The Bad and the Beautiful ten o récord de Óscar sen ser candidata ao mellor filme, igual que John Ford na súa cuarta vitoria como director.
Por primeira vez os premios ao mellor filme, director e intérpretes foron a seis filmes diferentes.
Os gañadores aparecen en primeiro lugar e en grosas.[2]
Mellor filme | Mellor director |
---|---|
|
|
Mellor actor | Mellor actriz |
|
|
Mellor actor secundario | Mellor actriz secundaria |
|
|
Mellor guión orixinal | Mellor guión |
|
|
Mellor argumento | Mellor curtametraxe de animación |
|
|
Mellor documental | Mellor curtametraxe documental |
|
|
Mellor curtametraxe de ficción, un rolo | Mellor curtametraxe de ficción, dous rolos |
|
|
Mellor banda sonora, comedia ou drama | Mellor banda sonora, musical |
|
|
Mellor canción | Mellor son |
|
|
Mellor dirección de arte, branco e negro | Mellor dirección de arte, cor |
|
|
Mellor fotografía, branco e negro | Mellor fotografía, cor |
|
|
Mellor vestiario, branco e negro | Mellor vestiario, cor |
|
|
Mellor montaxe | Mellores efectos visuais |
|
|
Houbo un forte malestar cando o gran favorito Só ante o perigo perdeu o premio principal contra O maior espectáculo do mundo, considerado un dos peores filmes que gañaron o Óscar ao mellor filme. A revista estadounidense Premiere listouno entre os dez peores gañadores do Óscar[3] e a británica Empire considerouno no número 3 na súa lista dos dez peores gañadores do Óscar.[4] Ten a cualificación máis baixa en Rotten Tomatoes de todos os gañadores ao mellor filme.[5]
Dos filmes nomeados para un Óscar nesta edición, Só ante o perigo e Singin' in the Rain son os únicos que paracen na listaxe do American Film Institute dos mellores filmes estadounidenses do século XX. Aínda que Singin' in the Rain só recibiu dúas candidaturas aos Óscar, foi nomeado o mellor filme musical estadounidense da historia e o quinto mellor filme na actualización da lista do AFI en 2007, e nesa mesma listaxe Só ante o perigo aparece no posto 27.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.