From Wikipedia, the free encyclopedia
Íngrid Betancourt Pulecio, nada en Bogotá o 25 de decembro de 1961, é unha política colombo-francesa. Durante a década de 1990 foi membro da Cámara de Representantes de Colombia, onde alcanzou un alto recoñecemento pola súa actividade contra a corrupción política, avogando por unha saída pacífica do conflito armado do seu país.[1][2][3] Despois de renunciar ao Partido Liberal tras denuncialo na crise coñecida como Proceso 8.000, presentouse polo Partido Verde Oxígeno ao Senado nas eleccións lexislativas do ano 1994, sendo elixida coa primeira maioría nacional. Renunciou ao seu escano no ano 2001 para optar á presidencia nas eleccións do ano 2002.
Nome orixinal | (es) Ingrid Betancourt Pulecio |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de decembro de 1961 (62 anos) Bogotá |
Senador de Colombia | |
20 de xullo de 1998 – 23 de febreiro de 2002 | |
Membro da Cámara de Representantes de Colombia | |
20 de xullo de 1994 – 20 de xullo de 1998 Circunscrición electoral: Bogotá | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Instituto de Estudos Políticos de París Liceo Francés de Bogotá Harris Manchester College |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Liberal Colombiano |
Familia | |
Cónxuxe | Juan Carlos Lecompte (1997–2011) Fabrice Delloye (1983–1989) |
Fillos | Mélanie Delloye-Betancourt () Fabrice Delloye |
Pais | Gabriel Betancourt Mejía e Yolanda Pulecio |
Cronoloxía | |
8 de xullo de 2003-13 de xullo de 2003 | Operación 14 de xullo |
23 de febreiro de 2002-2 de xullo de 2008 | cativerio Causado por: Conflito armado en Colombia |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
O 23 de febreiro de 2002, cando se dirixía á área de distensión establecida polo presidente Andrés Pastrana coa fin de levar a cabo conversas de paz coa guerrilla das FARC, foi secuestrada canda a súa acompañante e asesora Clara Rojas. O seu secuestro, que tivo unha duración de seis anos, catro meses e nove días, recibiu grande atención en Colombia, así como en Francia e noutros países. Durante o seu cativerio sufriu os rigores da súa reclusión en zonas selváticas de Colombia, xunto con varios compañeiros na súa prisión. O caso gañou crecentes sentimentos de solidariedade, converténdose nunha cause célèbre. A súa situación cambiou o 2 de xullo de 2008, cando membros das Forzas Armadas realizaron unha operación de intelixencia militar que tivo como resultado a súa liberación xunto con tres contratistas estadounidenses e once membros do Exército Nacional, algúns deles que permaneceran secuestrados durante máis de dez anos.[4][5] A súa liberación por medio da chamada Operación Jaque constituíu un triunfo político para o goberno do presidente Álvaro Uribe, e tamén para o seu ministro de defensa, Juan Manuel Santos, que foi elixido presidente dous anos máis tarde.[6][7][8]
Betancourt recibiu varias distincións internacionais. En maio de 2008, aínda cativa, foi declarada presidenta de honra do congreso internacional dos Partidos Verdes, que tivo lugar en São Paulo.[9] Igualmente recibiu a Lexión de Honor francesa co grao de Cabaleiro[10] e foi propuesta pola presidenta de Chile Michelle Bachelet para o Premio Nobel da Paz.[11] En 2008 foille outorgado o Premio Príncipe de Asturias da Concordia.[12] O 30 de novembro foi designada embaixadora e voceira dos familiares de secuestrados de Colombia.[13] No mes de xaneiro de 2009 personalidades italianas volveron propor o seu nome para o premio Nobel da Paz ante o comité do premio Nobel en Oslo.[14] En 2010 presentou un recurso no marco da lei de protección ás vítimas do terrorismo ante o Estado colombiano por 15 000 millóns de pesos polos prexuízos ocasionados durante o seu cativerio, pero ante o malestar causado fronte á opinión pública, o goberno e os militares, Betancourt declinou o recurso para non prexudicar os demais secuestrados que tramitaban as súas.[15][16] Tamén declinou unha demanda similar ante o estado francés.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.