escritora sueca From Wikipedia, the free encyclopedia
Åsa Elena Larsson, nada en Uppsala (Suecia) o 28 de xuño de 1966, é unha escritora sueca de novela negra, creadora da avogada Rebecka Martinsson, protagonista das súas obras.
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1966 (58 anos) Uppsala, Suecia |
Residencia | Mariefred (pt) |
Educación | Universidade de Uppsala |
Actividade | |
Ocupación | Avogada e escritora |
Xénero artístico | Novela policial |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Aínda que naceu en Uppsala, educouse en Kiruna a partir dos catro anos e actualmente vive en Mariefred. Estudou Dereito na Universidade de Uppsala e exerceu a súa profesión no campo das leis tributarias antes de dedicarse a escribir. Confesou que descubrira o pobre que era a súa vida durante a baixa maternal: "Buscaba a diversión dentro da miña cabeza", explicou en Bilbao, agregando que a atopou na literatura, tanto como lectora ou como escritora.[1]
Educouse no laestadianismo, un movemento luterano conservador,[2][3] e cre que o seu afán por escribir novela negra vén das súas lecturas infantís da Biblia, que afirma, "está chea de historias violentas". O seu pai, bibliotecario e de ideas comunistas, guiouna cara á literatura.[2][3][4][5][6]
Coa súa primeira obra editada en España en 2009, Solstorm (traducida como Aurora Boreal), en cinco meses, vendera 110.000 exemplares en 14 edicións, segundo datos da propia editorial.[6]
A protagonista das súas novelas, Rebecka Martinsson, tamén estudou leis en Uppsala, e as historias transcorren na vila mineira de Kiruna, situada preto do círculo polar ártico.
En 2007, o director sueco Leif Lindblom levou ao cine Solstorm,[7][8] a primeira novela de Larsson, que fora publicada catro anos antes.
Non garda ningún parentesco co famoso escritor sueco Stieg Larsson, a pesar da coincidencia do apelido, pero si é neta do esquiador olímpico Erik August Larsson que gañou unha medalla de ouro na olimpiada de 1936.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.