avogado, empresario e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Ángel Villanueva Cendón, nado en Ourense en 1935 e finado na mesma cidade o 10 de xaneiro de 2015, foi un empresario e político galego do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1935 Ourense, España |
Morte | 10 de xaneiro de 2015 (79/80 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Melón |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, emprendedor |
Naceu na céntrica rúa de Alba, na actualidade chamada de cardeal Quiroga, nunha familia de relevancia en Ourense. A súa famlia materna era de Melón.
Licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid, se ben nunca chegou a exercer como avogado. Comezou o seu labor empresarial xestionando a empresa familiar de ferraxería, dende onde arrincou a súa carreira pública ao pasar a ser dirixente da Confederación de Empresarios de Ourense e, posteriormente, concelleiro da cidade de Ourense logo das primeiras eleccións democráticas de 1979: o seu partido, a Coalición Democrática, quedou en segundo lugar nos comicios, por detrás da UCD, e o centrista José Luis López Iglesias foi elixido alcalde. Villanueva Cendón figuraba de número 5 nunha candidatura encabezada por Celso Vázquez-Gulías[1].
Do concello saltou ao Parlamento galego, ao encabezar a lista pola provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas, en 1981. Neses comicios, Alianza Popular quedou por detrás da UCD en Ourense, pero no cómputo xeral gañou as eleccións e Xerardo Fernández Albor foi investido presidente. Como consecuencia diso, Villanueva Cendón en 1982 foi nomeado conselleiro de Turismo e Deportes no primeiro goberno de Albor, e a partir de 1983 foi conselleiro de Turismo, Xuventude e Deportes logo de modificárense as competencias da consellería.
Volveu ser reelixido como deputado pola provincia de Ourense nas eleccións galegas de 1985, ao figurar de número 2 nunha candidatura de coalición entre o seu partido e Centristas de Galicia, e que ía encabezada precisamente polo líder centrista Victorino Núñez. Trala vitoria da Coalición Popular foi nomeado Conselleiro de Presidencia. Abandonou ese posto en 1987, cando prosperou a moción de censura encabezada por González Laxe contra o goberno de Albor. Non se presentou á reelección nos comicios de 1989, onde tivo lugar a primeira maioría absoluta de Manuel Fraga, debido a problemas de saúde[2].
Foi sobriño de Justo Villanueva, dirixente do Partido Radical durante a II República.
Faleceu a causa dunha insuficiencia respiratoria, e foi soterrado en Melón.
Predecesor: - |
Conselleiro de Turismo e Deportes 1982 - 1986 |
Sucesor: consellería extinguida |
Predecesor: Xosé Luís Barreiro Rivas |
Conselleiro de Presidencia 1986 - 1987 |
Sucesor: Pablo González Mariñas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.