músico español From Wikipedia, the free encyclopedia
Ángel Estanislao Sánchez Durán, coñecido polo seu nome artístico Ángel Stanich, nado en Santander en 1987, é un compositor, cantante e músico de rock alternativo. A súa música inspírase no rock estadounidense de artistas como Bob Dylan, o Neil Young, incorporando referencias á historia, á actualidade e á cultura pop.
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1987 (36/37 anos) Santander, España |
Actividade | |
Ocupación | cantante, compositor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Sony Music Entertainment |
Normalmente acompáñao a súa banda, Stanich Band, composta por: Álex Izquierdo no baixo e coros, Lete G. Moreno na batería, Víctor Pescador na guitarra e coros e Jave Ryjlen no teclado.
Ángel Stanich naceu en Santander e estudou periodismo en Valladolid[1], onde coñeceu a Javier Vielba (Arizona Baby / Corizonas) nun Open Mic[2]. Vielba foi o produtor dos primeiros álbums do artista. En novembro de 2018 publicou o EP, Máquina, que foi o primeiro traballo producido por el mesmo.
No seu álbum Antigua y Barbuda de 2017, dedicou a Galicia unha canción chamada Galicia Calidade.
Stanich e a súa banda apareceron en carteis de moitos festivais destacados en Galicia como o Surfing The Lérez[3] en Pontevedra, o Noroeste Pop Rock[4] na Coruña, o Festival de la Luz[5] en Boimorto e o FIV[6] de Vilalba.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.