Zonificación, en sentido amplo, indica a división dunha área xeográfica en sectores homoxéneos conforme a certos criterios, como por exemplo a capacidade produtiva, tipo de construcións permitidas, intensidade dunha ameaza, grao de risco... entre outros moitos.[1]
Cómpre distinguir que se nos referimos a recursos naturais renovables, a zonificación, é a clasificación de usos que se realiza dentro das unidades territoriais nun distrito de manexo integrado dos mesmos, conforme a unha análise previa das súas aptitudes, características e calidades abióticas, bióticas e antrópicas.
Agora ben, son catro os tipos de zonificación dentro dun territorio:
Zonificación de cultivos: Determinación dos cultivos que deben establecerse en determinadas áreas.
Zonificación das chairas de inundación: Plano que define as zonas principais de áreas con inundacións potenciais, usualmente acompañado por recomendacións ou restricións tendentes a previr danos por inundacións.
Zonificación ecolóxica económica: A zonificación ecolóxica económica, tamén denominada zonificación ecolóxica, pode definirse como un proceso de sectorización dunha área complexa, en áreas relativamente homoxéneas, caracterizadas de acordo a factores físicos, biolóxicos e socioeconómicos e avaliados en canto ao seu potencial de uso sustentable e restricións ambientais. Vista así, a zonificación económica ecolóxica constitúe un instrumento para expor a ocupación racional dos espazos, redireccionando as actividades humanas non compatibles coa oferta ambiental do ámbito en cuestión. Os seus resultados poden utilizarse para diversos fins como: a planificación de áreas naturais protexidas, desenvolvemento dunha agricultura sustentable, determinación da aptitude das terras para determinados usos, desenvolvemento de plans de ordenamento territorial, etc.
Zonificación urbana: A zonificación urbana é a práctica de dividir unha cidade ou municipio en seccións reservadas para usos específicos, xa sexan residenciais, comerciais e industriais. A zonificación ten como propósito canalizar o crecemento e desenvolvemento ordenado dunha área. Zonificar é un poder de goberno. Non se compensa por restricións ou limitacións que a zonificación impoña sobre as propiedades.
Bassett, E.M. The master plan, with a discussion of the theory of community land planning legislation. Nova York: Russell Sage foundation, 1938.
Bassett, E. M. Zoning. Nova York: Russell Sage Foundation, 1940
Hirt, Sonia. Zoned in the USA: The Origins and Implications of American Land-Use Regulation (Cornell University Press, 2014) 245 pp. Vista en liña, (en inglés)
Stephani, Carl J. e Marilyn C. ZONING 101, originally published in 1993 by the National League of Cities, now available in a Third Edition, 2012.