Zipaquirá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Zipaquirá é un concello de Colombia que se atopa no departamento de Cundinamarca, na provincia de Sabana Centro, da que é a capital e sede da súa diocese. Atópase a 42 quilómetros de Bogotá. Cunha poboación de 126.409 habitantes, é o segundo meirande concello da provincia. É un dos centros de explotación de sal máis importantes en Colombia, razón pola cal tamén é coñecida como a "Cidade do Sal".
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Cundinamarca | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 196.409 (2017) (1.012,42 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 194 km² | ||||
Altitude | 2.652 m | ||||
Creación | 18 de xullo de 1600 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | zipaquira-cundinamarca.gov.co… |
Zipaquirá é recoñecida a nivel internacional pola súa Catedral de Sal, a cal recibiu o recoñecemento como “Primeira marabilla de Colombia” o 4 de febreiro do 2007, ademais do seu centro urbano, o cal foi declarado patrimonio histórico e cultural de Colombia.
De fundación prehispánica, os seus poboadores asentábanse no sector hoxe coñecido como "Pueblo viejo" a case 200 metros da súa actual localización. Foi erixida como vila o 18 de xullo de 1600 por auto de poboamento proferido polo oidor español Luis Henríquez. Foi sucesivamente capital da Provincia de Cundinamarca (1851), da Provincia de Zipaquirá (1852-1855), do Estado Soberano de Cundinamarca (1861-1864), do Departamento de Quesada (1905-1908) e do Departamento de Zipaquirá (1908-1910).