From Wikipedia, the free encyclopedia
O zifio caldeirón, Hyperoodon ampullatus,[2] ou tamén cifio caldeirón,[3] é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.
Zifio caldeirón Hyperoodon ampullatus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Esqueleto no Museo de historia natural de Pisa. | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
CC | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770) | |||||||||||||||||||||||
Distribución do zifio caldeirón | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).[4]
Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).
A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.
É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.[5]
Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.[5][6]
Encóntrase en augas do océano Atlántico Norte e o océano Ártico, entre Islandia, o suroeste de Svalbard e as costas do norte de Europa, chegando até Nova Escocia (Canadá), e como límite sur as illas Azores. Nas súas migracións nadancara ao norte durante a primavera e cara ao sur no outono.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.