Zeca Afonso
Cantante, compositor e político portugués (1929-1987) / From Wikipedia, the free encyclopedia
José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, nado en Aveiro o 2 de agosto de 1929 e finado en Setúbal o 23 de febreiro de 1987, foi un cantante e compositor de música protesta portugués. Escribiu, entre outras cousas, música de crítica á ditadura fascista que rexeu Portugal dende 1933 até 1974.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos 2 de agosto de 1929 Aveiro, Portugal |
Morte | 23 de febreiro de 1987 (57 anos) Setúbal, Portugal |
Causa da morte | Esclerose lateral amiotrófica |
Membro da Assembleia Municipal de Setúbal (pt) | |
Representa: Grupos Dinamizadores de Unidade Popular (pt) 1976 – 1980 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Ocupación | cantautor , artista discográfico , político , cantante , poeta , compositor , revolucionario |
Período de actividade | 1952 - |
Xénero artístico | Música tradicional e canción protesta |
Pseudónimo literario | José Afonso |
Lingua | Lingua portuguesa |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Maria Amália de Oliveira |
Fillos | Helena Afonso (pt) |
Pais | José Nepomuceno Afonso dos Santos (pt) e Maria das Dores Dantas Cerqueira (pt) |
Irmáns | João Afonso dos Santos (pt) e Maria Cerqueira Afonso dos Santos (pt) |
Pechar
Un dos máis coñecidos músicos de Portugal e que anos despois da súa morte permanece aínda cun alto número de vendas tanto no seu país como no estranxeiro. Compuxo a canción "Grândola, Vila Morena" que serviu de sinal para o inicio da Revolución dos Caraveis o 25 de abril de 1974.