arquitecta irlandesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Yvonne Farrell, nada en Tullamore en 1951, é unha arquitecta e profesora irlandesa, cofundadora de Grafton Architects, que gañaron o premio World Building of the Year no ano 2008 polo seu edificio da Universidade Bocconi de Milán.[1] En 2020 obtivo o premio Pritzker, xunto á arquitecta Shelley McNamara.[2]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Tullamore - Tulach Mhór (Irlanda) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Irlanda |
Educación | University College Dublin |
Actividade | |
Ocupación | arquitecta , profesora universitaria |
Empregador | Grafton Architects |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Farrell estudou arquitectura na Universidade de Dublín, graduándose en 1974. En 1977, xunto a Shelley McNamara, estabeleceu Grafton Architects en Dublín. É membro fundador do Grupo 91, que estivo detrás da restauración do barrio de Temple Bar de Dublín na década de 1990.[3]
Xunto con Shelley McNamara estabeleceu Grafton Architects en Dublín, Irlanda en 1978.[4] A súa arquitectura abarca todas as escalas e programas aínda que sobresaíron polos seus proxectos de edificios públicos e educativos tanto no ámbito local como internacional. Farrell e McNamara son conscientes de que o exercicio da arquitectura non é o produto dun só xenio; a arquitectura, afirman, é moito máis grande que iso, é un traballo colectivo onde a crítica e a discusión das ideas son estritamente necesarias. O ensino de proxectos cumpre un papel de vital importancia no seu propio desenvolvemento como profesionais, onde aprenden, teorizan e obteñen o contrapunto ao traballo na práctica.
Apostan por unha filosofía do deseño proxectual baseada no encontro das palabras e as ideas, a ética e a función pública da arquitectura. A súa motivación é lograr unha arquitectura que conxugue a súa dimensión artística coa súa misión de satisfacer necesidades humanas, materiais e simbólicas. Consideran a arquitectura como unha profesión que ten que escoitar (o que se di e o que non) para sintonizar cos requirimentos do lugar, tanto físicos como culturais.[5]
Grafton Architects representou a Irlanda na Bienal de Venecia en 2002 e exhibiu de novo na Bienal en 2008. O seu proxecto da Universidade Bocconi de Milán, que gañou o premio World Building of the Year, foi amplamente aclamado e exhibido.[6] En 2009, o edificio do Departamento de Facenda no centro da cidade de Dublín gañou o Premio de Confianza Cidadá, así como un premio especial da Architectural Association de Irlanda.[3]
Farrell foi profesora na Universidade de Dublín desde 1976 e foi profesora convidada na Academia de Arquitectura de Mendrisio, Suíza, desde 2008. Ocupou a cátedra Kenzo Tange na Graduate School of Design de 2010 de Harvard e actualmente é profesora da EPFL de Lausana. Ditou numerosas conferencias nas escolas europeas e americanas de arquitectura, incluíndo Oslo, Estocolmo, Berlage, Yale, Buffalo, St. Louis, Kansas City e Tampa.[3]
A Bienal de Arquitectura de Venecia anunciou que as integrantes de Grafton Architects serían as comisarias da edición 2018.[7]
Yvonne Farrell é membro do Real Instituto de Arquitectos de Irlanda, membro honorario do Real Instituto de Arquitectos Británicos e membro electo de Aosdána, a organización de arte irlandesa.[17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.