From Wikipedia, the free encyclopedia
Sexto Xulio Africano, nado en Xerusalén sobre o 160 e finado sobre 240, foi un historiador e apoloxista helenista de influencia cristián-africana.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 160 Aelia Capitolina, preto do lugar |
Morte | c. 240 (Gregoriano) (79/80 anos) Xerusalén |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | escritor , historiador , filósofo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Profesores | Héraclas de Alexandria (pt) |
Lingua | Grego antigo e lingua latina |
Obra | |
Obras destacables
| |
Naceu en Aelia Capitolina (antiga Xerusalén). Foi oficial ao servizo do emperador Septimio Severo. Alexandre Severo encargoulle organizar unha biblioteca para el en Roma. Estableceu certa amizade con Oríxenes. Viviu en Nicópole, Palestina (Emaús) de onde foi bispo "segundo a tradición" (cousa posibelmente falsa). Morreu en Xerusalén cara ao ano 250.
Escribiu unha obra chamada Crónicas[1] (cronografía), a primeira historia sincrónica do pobo grego e xudeu, desde a data da Creación (-5500 segundo os seus cálculos) ata a época de Heliogábalo (221). Os cinco libros das súas Crónicas, dos que só perduran algúns fragmentos, son referencia obrigada para os escritores Eusebio de Cesarea, Xurxo Sincelo, Cedreno, o redactor da Crónica Paschale e outros posteriores. Xulio Africano copiou de Manetón, adaptándoo á súa mentalidade de cristián africano, redactando con afán apoloxético máis que de historiador.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.