Xuízo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un xuízo é o exame que se realiza dunha persoa ou situación, co fin de chegar a unha conclusión, a capacidade para entender unha cousa ou para chegar cabalmente a unha conclusión. Pero desde o punto de vista do Dereito, existe unha acepción procesual que define o xuízo como o acto no que un xuíz escoita as alegacións das partes, e examina as probas que se lle presentan para ditar unha sentenza. O concepto así delimitado equipárase ao termo "vista ou xuízo oral".