Xosé Represas Giráldez, nado en Xinzo (Ponteareas)[1] o 20 de maio de 1956 e finado o 24 de maio de 2021, foi un político galego[2], alcalde de Ponteareas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1956 Xinzo, España |
Morte | 24 de maio de 2021 (65 anos) Ponteareas, España |
Causa da morte | morte natural |
Alcalde de Ponteareas | |
2015 – 2021 (dimisión) ← Salvador González Solla – Cristina Fernández Davila → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Ponteareas |
Ocupación | político, empregado de banca |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Traxectoria
Diplomado en Empresariais pola Universidade de Vigo, traballou nunha entidade financeira en Ponteareas. Foi directivo da Comunidade de Montes de Xinzo e presidente da Asociación Forestal de Galicia. Afiliado ao BNG, concorreu ás eleccións municipais e entrou como concelleiro do BNG en Ponteareas en xuño de 2007, en substitución de Roberto Mera. Nas eleccións municipais de 2015 encabezou a lista do BNG en Ponteareas e foi elixido alcalde co apoio do PSdeG-PSOE, A Riada do Tea e EU-Son[3]. Nas seguintes eleccións, en 2019, volveu saír elixido alcalde.
O 29 de abril de 2021 renunciou á alcaldía por enfermidade,[4] e faleceu o 24 de maio dese ano.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.