From Wikipedia, the free encyclopedia
A xoiaría[1] é a arte e oficio de traballar materiais para crear xoias. É tamén o taller dun xoieiro ou a tenda onde venden os produtos. As xoias son ornamentais obxectos traídos por persoas físicas, normalmente feitos con pedras preciosas e metais preciosos. Porén, as xoias poden facerse de case calquera tipo de material. Por moitos séculos, o metal, combinado con xemas, foi o material máis empregado para a xoiaría, pero outros materiais como as cunchas e as plantas tamén foron usados. Crese que os artefactos arqueolóxicos con máis de 100 000 anos de antigüidade feitos de cunchas de Nassarius poderían ser as formas de xoiaría máis antigas da historia.[2] Polo xeral, cando non inclúe moitos metais preciosos puros, xemas nobres ou outros materiais preciosos, o produto é chamado de bixutería e pode ser de alta calidade, pero a un prezo máis baixo.
Algunhas culturas teñen o hábito de almacenar grandes cantidades de mercadorías en forma de xoias. A xoia pode tamén ser simbólica, como no caso dos cristiáns vestindo un crucifixo en forma dunha xoia, pode servir de amuleto,[3][4] ou, no caso de moitas culturas occidentais, os casados levan un anel de voda.
As xoias en varias formas foron feitas e levadas por ambos os sexos en case todas (se non todos) as culturas da humanidade, en cada un dos continentes. Os ornamentos persoais parecen ser unha tendencia humana básica.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.