![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/13/Flag_of_PASO.svg/langgl-640px-Flag_of_PASO.svg.png&w=640&q=50)
Xogos Panamericanos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Panamericanos son un evento multideportivos, que ten como base os Xogos Olímpicos e son organizados pola Organización Deportiva Panamericana (ODEPA). Son como unha versión aos Xogos Olímpicos modernos, nos que participan os países do continente americano.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/13/Flag_of_PASO.svg/640px-Flag_of_PASO.svg.png)
Nos Xogos Panamericanos dispútanse deportes incluídos no Programa Olímpico e outros non disputados en Olimpíadas. Acontecen cada catro anos e, tradicionalmente, seguen unha rotación entre as tres rexións do continente: América do Sur, Central e do Norte. A primeira edición foi realizada en Buenos Aires, capital da Arxentina, en 1951.