Xoán o Evanxelista
nome dado tradicionalmente ao autor do Evanxelio de San Xoán From Wikipedia, the free encyclopedia
nome dado tradicionalmente ao autor do Evanxelio de San Xoán From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán o Evanxelista foi un dos doce apóstolos de Xesús Cristo. Escribiu o Evanxeo de Xoán e as tres epístolas de Xoán. Atribúellese tamén o libro da Apocalipse.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 Galilea, Israel |
Morte | 98 (87/88 anos) Éfeso, Turquía |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | evangelist (en) |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 27 de decembro |
Símbolo iconográfico | Aguia |
Compañeiro profesional | Santiago o Maior: Fillos de Zebedeo |
Familia | |
Pais | Zebedeo e Salomé |
Descrito pola fonte | De viris illustribus Enciclopedia Católica The American Cyclopædia (en) |
Segundo a tradición Xoán seria o máis novo dos doce apóstolos. Tiña probablemente cerca de vinte e catro anos cando foi chamado por Xesús. Era solteiro e vivía cos seus pais en Betsaida. Era pescador e traballaba xunto co seu irmán Santiago, e probablemente tamén con André e Pedro.
Nos libros da Biblia ponse de manifesto a admiración de Xoán por Xesús. Este chamoulle Fillo do Trono e máis adiante Discípulo Amado. Segundo o Novo Testamento, Xoán foi o apóstolo que seguiu con Xesús a noite que foi preso e o acompañou até a morte na cruz. Cristo encomendoulle o coidado de María, a súa propia nai. Na biblia protestante Xesús non sería o único fillo de María, senón o máis vello e por iso tería a responsabilidade de coidar de súa nai tras da morte de Xosé.[1].
Máis adiante Xoán estivo fortemente ligado a Pedro nas actividades iniciais do movemento cristián, chegando a ser un dos principais dirixentes da Igrexa de Xerusalén. É tradición que predicou na Asia Menor, especialmente en Éfeso. De todos os doce apóstolos, Xoán foi o máis destacado teólogo. Morreu de morte natural en Éfeso, no ano 103, cando tiña 94 anos. Cóntase que a súa sepultura estaba baleira cando foi aberta polo emperador Constantino para edificarlle unha igrexa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.