Xoán Casiano
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Casiano ou Cassiano, nado en Escitia Menor entre os anos 360 e 365 e finado en Marsella en 435, foi un sacerdote, asceta e Pai da Igrexa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 360 (Gregoriano) Cítia Menor (Imperio Romano) |
Morte | 435 (74/75 anos) Marsella (Imperio Romano) |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monxe cristiano, escritor, teólogo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Profesores | Evagrio do Ponto |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 23 de xullo |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Obálky knih, |
Descoñécese o seu lugar de nacemento, probablemente Escitia Menor, na desembocadura do Danubio, aínda que é seguro que se formou en Belén e viviu durante sete anos como eremita no deserto de Exipto. Posteriormente recibiu o diaconado en Constantinopla de mans de san Xoán Crisóstomo, e foi ordenado sacerdote en Roma polo papa Inocencio I.
Cara ó 415 fundou a Abadía de San Víctor de Marsella, formada por dous mosteiros, un masculino e outro feminino, para os que redactou os seus escritos máis importantes: as Institutiones, nas que expón as obrigas do monxe e examina os vicios contra os que ten que estar prevido; e as súas vinte e catro Collationes, onde, en forma de diálogos con monxes famosos da antigüidade —como un complemento ás Institutiones— trata diversos aspectos da vida monacal, alaba a vida eremítica e indica que a vida ascética é a mellor vía para loitar contra o pecado.
Os seus escritos teolóxicos influíron nas doutrinas semipelaxianas.
San Bieito de Nursia recomendou ós seus monxes a lectura dos escritos de Xoán Casiano, e empregounos como fundamento para a súa regra, onde en certas pasaxes repítese palabra a palabra citas de Casiano e a mesma regra afirma que debe ser prolongada polas Conferencias dos Padres e as súas Institucións de Casiano.
Os monxes de Occidente apréciano como un dos principais mestres da vida monástica e consideran bo que lles teñan permitido beneficiarse da experiencia dos primeiros monxes de Oriente.
Despois do seu pasamento, o segundo Concilio de Orange, en 529, condenou o semipelaxianismo e deu unha formulación teolóxica da graza tal como preconizaba Santo Agostiño. O concilio pronunciouse contra os que, como Xoán Casiano de Marsella, Vicente de Lerins e Fausto de Riez, daban un papel máis importante ó libre albedrío.
Algunhas localidades preto de Lérins levan o seu nome. Porén os seus escritos foron lidos amplamente nos mosteiros de Occidente.
Figura no calendario de santos da Igrexa ortodoxa onde é moi estimado polos seus escritos e a súa posición sobre a graza, onde os ortodoxos se recoñecen, mellor que nas de Agostiño de Hipona. Así é como moitos monxes e bispos ortodoxos levan o seu nome.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán Casiano |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.