Xiphidopicus percussus é unha especie de ave Piciforme ou peto, endémica de Cuba. É a única especie do xénero Xiphidiopicus.[1][2] É un peto relativamente pequeno cuxos hábitats naturais son os bosques secos e húmidos, terras baixas húmidas e antigos bosques moi degradados. Non se considera especie en perigo, xa que as súas poboacións se conservan ben.[3]

Máis información Xiphidiopicus percussus, Estado de conservación ...
Xiphidiopicus percussus

X. percussus macho
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Piciformes
Familia: Picidae
Xénero: Xiphidiopicus
Especie: X. percussus
Nome binomial
Xiphidiopicus percussus
( Temminck, 1826)
Subespecies
  • X. p. percussus, ( Temminck, 1826)
  • X. p. insulaepinorum, Bangs, 1910
  • X. p. monticola, Garrido, 1971
  • X. p. gloriae, Garrido, 1971
  • X. p. cocoensis, Garrido , 1978
Sinonimia

Picus percussus Temminck, 1826

Pechar
X. p. percussus femia.
X. p. percussus inmaturo.

Nomes

En grego xiphos significa 'espada', e idio é 'propio', e en latín picus é o nome que se lle dá á ave 'peto'; é dicir, o seu nome significa 'peto con espada'. O nome específico, percussus en latín deriva de percutir ou golpear. En canto aos nomes subespecíficos, insulaepinorum é 'de Illa de Pinos', monticola é 'do monte', gloriae é 'dedicado a Gloria', e cocoensis é 'de Cayo Coco'.

Distribución

É común en toda Cuba, pero só é frecuente en áreas boscosas. Poden ser bosques secos, de piñeiros, semicaducifolios ou costeiros.

Subespecies

  • X. p. percussus, ( Temminck), 1826, da illa de Cuba e moitos illotes.
  • X. p. insulaepinorum, Bangs, 1910, da illa da Xuventude (ou de Pinos).
  • X. p. monticola, Garrido, 1971, de Cupeyal, Baracoa, en Guantánamo.
  • X. p. gloriae, Garrido, 1971, de Cayo Cantiles
  • X. p. cocoensis, Garrido , 1978 , de Cayo Guillermo

Descrición

Miden uns 23 cm de longo (a femia lixeiramente máis cativa). As costas son verde oliva intensas e o peito e o ventre son amarelos con raias lonxitudinais escuras que no abdome se xuntan aos lados formando bandas negras. A cabeza é branca polos lados cunha banda negra detrás do ollo, e a coroa (que vai da fronte á caluga) no macho é vermella e na femia é raiada en negro e branco diante e vermella detrás. Na parte baixa da gorxa e na parte alta do peito teñen unha mancha vermella. O peteiro é azulado, o iris do ollo é vermello e as patas son gris-verdosas. Os inmaturos teñen o dorso máis opaco, a gorxa e peito alto negros e a coroa vermella.

Andan en bandos pequenos ou en parellas. Voan sonoramente a diferenza doutros petos cubanos. Peteiran os troncos, con golpes repenicantes. Procuran o seu alimento debaixo da codia e entre as pólas e follas sen baixaren nunca ao chan. Son moi activos e áxiles. Poden manterse nas árbores en posicións invertidas. Comen insectos, larvas e ras pequenas, e tamén pequenos froitos.[4][5]

Niños

Nidifican entre xaneiro e agosto. Fan os seus niños escavando en troncos de árbores mortos ou vivos, a máis de 2 metros do chan, un burato de entrada circular pequeno, afondando cara a abaixo. En marzo poñen de 3 a 4 ovos brancos que miden 2,7 cm de longo por 2 cm de ancho. O son do voo é o sinal de cambio de quenda para que a parella que está incubando saia do niño e sexa relevada.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.