![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/GiganteVermelha.jpg/640px-GiganteVermelha.jpg&w=640&q=50)
Xigante vermella
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha xigante vermella é unha estrela de grande tamaño que pode chegar a alcanzar un tamaño de millóns de veces o do Sol. Emite luz vermella, debido á súa menor temperatura superficial (3000 °C-4000 °C).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/GiganteVermelha.jpg/320px-GiganteVermelha.jpg)
As xigantes vermellas son o preludio da fase final da evolución das estrelas. Orixínanse cando unha estrela esgota todo o hidróxeno do seu núcleo e comeza a fusionar helio e outros materiais máis pesados ó contraerse o núcleo. Durante a súa fase de xigante vermella as estrelas son inestables, con contraccións e expansións até que expulsan as súas capas exteriores, as de maior tamaño de forma catastrófica nas xigantescas explosións chamadas supernovas.