Xerusalén
cidade en Oriente Próximo, sagrada para as tres relixións abrahámicas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xerusalén[1] (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é unha cidade do Medio Oriente reivindicada como capital tanto por Israel (actual administrador) coma polo Estado de Palestina. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o mar Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
ירושלים (he) القدس (ar) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nomeado en referencia a | Shalim (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estado | Israel | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Distrito | Distrito de Xerusalén | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Capital de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Poboación | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Poboación | 936.425 (2019) (7.466,31 hab./km²) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lingua usada | lingua hebrea árabe | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parte de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Superficie | 125,42 km² | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altitude | 754 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Comparte fronteira con | Ramat Rachel (en) Even Sapir (en) Bet-Jalla (pt) Abu Dis Ora (en) Ramala Hizma (en) Al-Ram (en) Mevaseret Zion (pt) Beit Zayit (en) Belén | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Creación | IV milenio a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Organización política | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
• Alcalde | Moshe Lion (pt) (2018–sen valor) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Órgano lexislativo | cité municipale de Jérusalem (pt) , | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Código postal | 91000–91999 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Prefixo telefónico | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outro | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmandado con | Praga Ayabe Río de Xaneiro Fez (1982–) Nova York (1993–) Bratislava (1995–) Cuzco (1996–) Tbilisi (1998–) Kíiv (2000–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Páxina web | jerusalem.muni.il | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións.[2] A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo.[3] A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá.[4] En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX.[5] A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo.[6] Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.[7]
O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional,[8] e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.