zona cunha ampla gama de plantas etiquetadas cos seus nomes botánicos From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xardíns botánicos (do latín hortus botanicus) cultivan unha ampla variedade de plantas destinadas tanto a fins científicos como educativos e de lecer para os visitantes.
Os traballos científicos levados a cabo nestes xardíns inclúen estudos sobre a adaptación de plantas exóticas a ese contorno, estudos taxonómicos, así como a propagación de especies raras ou en perigo de extinción. O Real Xardín Botánico de Kew, preto de Londres, leva publicando un xornal científico de investigación botánica ilustrado en cor dende finais do século XVIII.
Os proxectos educativos abranguen dende presentacións de plantas que prosperan en diferentes contornos ata consellos prácticos para xardineiros domésticos. Moitos xardíns botánicos teñen tendas, onde se venden flores, herbas e plantas en sementeira adecuadas para o transplante. Algúns, como o Xardín Botánico e Centro de Investigación de Plantas UBC, na Columbia Británica (Canadá) e o Botánico de Chicago posúen programas de reprodución e introducen novas plantas no mercado hortícola.
Os primeiros xardíns botánicos modernos foron fundados no norte de Italia en conexión coas universidades:
Seguíronlles outras cidades europeas:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Xardín botánico |
(En español)
(En inglés)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.