XVII edición dos Premios Goya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 17ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o 1 de febreiro de 2003.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Esta edición estivo marcada polas mostras de rexeitamento do mundo do cine ó apoio amosado polo goberno de José María Aznar á invasión estadounidense de Iraq. Actores e directores levaron chapas co lema "Non á guerra" e converteron o acto nunha alegación contra ela. Pola súa parte, certos sectores conservadores criticaron estas manifestacións por non condenar o terrorismo de ETA coa mesma vehemencia que a guerra en Iraq.
Ademais, cabe salientar o éxito nesta edición da película Os luns ó sol, rodada en parte en Galicia e con profesionais galegos no seu equipo, entre eles Luís Tosar e José Ángel Egido, que recolleron os premios ó mellor actor secundario e ó mellor actor revelación respectivamente.