World Masterpiece Theater (世界名作劇場, Sekai Meisaku Gekijō?) é un contedor televisivo xaponés producido por Nippon Animation que se orixinou oficialmente no 1975 (Malia que en 1974, producira Heidi, que moitos consideran como parte do contedor) e rematou por moitos anos en 1997 con Remi, a nena sen fogar (1996) volvendo de novo en xaneiro do 2007 c'Os miserables. Cada ano presentaba unha versión animada dun clásico literario infantil, chegando a un total de 23 ou 25 se se contan Heidi e Os miserables, que moitos se negan a contar como unha serie desta categoría máis debido ao seu moi diferente deseño de personaxes.
A maioría destas series de animación foron transmitidas en España, algunhas máis dunha vez, por diferentes canles televisivas como TVE, La 2, Antena 3 e Tele5. As series tamén encontraron grande éxito noutros países europeos, especialmente Alemaña, Italia e Francia e nalgúns países de Asia.
Antes de Nippon Animation - Calpis Comic Theater (1969-1974)
- Dororo (どろろと百鬼丸, Dororo to Hyakimaru?, 1969)
- Moomin (ムーミン, Mūmin?, 1969 - 1970)
- Andersen Monogatari (アンデルセン物語, Anderusen Monogatari?, 1971)
- Shin Moomin (新 ムーミン, Shin Mūmin?, 1972)
- Fábulas do bosque verde (山ねずみ ロッキーチャック, Yama Nezumi Rokkī Chakku?, 1973)
- Heidi (アルプスの少女ハイジ, Arupusu no Shōjo Haiji?, 1974)
Nippon Animation - Calpis Children's Theater (1975–1977)
- O can de flandes (フランダースの犬, Furandāsu no Inu?, 1975)
- Marco (母をたずねて三千里, Haha o Tazunete Sanzen Ri?, 1976)
- Rascal o mapache (あらいぐまラスカル, Araiguma Rasukaru?, 1977)
Calpis Family Theater (1978)
- Perrine Monogatari (ペリーヌ物語, Perīnu Monogatari?, 1978)
World Masterpiece Theater (1979–1985; sen patrocinador)
- Anne das tellas verdes (赤毛のアン, Akage no An?, 1979)
- As aventuras de Tom Sawyer (トム・ソーヤーの冒険, Tomu Sōyā no Bōken?, 1980)
- A familia Robinson (家族ロビンソン漂流記 ふしぎな島のフローネ, Kazoku Robinson Hyōryūki: Fushigi na Shima no Furōne?, 1981)
- Lucy (南の虹のルーシー, Minami no Niji no Rūshī?, 1982)
- As montañas de Ana (わたしのアンネット, Watashi no Annetto?, 1983)
- Katoli (牧場の少女カトリ, Makiba no Shōjo Katori?, 1984)
- A princesa Sara (小公女セーラ, Shōkōjo Sēra?, 1985)
House Foods World Masterpiece Theater (1986–1993)
- Pollyanna (愛少女ポリアンナ物語, Ai Shōjo Porianna Monogatari?, 1986)
- Little Women (愛の若草物語, Ai no Wakakusa Monogatari?, 1987)
- O pequeno Lord (Shōkōshi Sedi, 1988?)
- As Aventuras de Peter Pan (ピーターパンの冒険, Pītā Pan no Bōken?, 1989)
- Papá pernas longas (Watashi no Ashinaga Ojisan, 1990?)
- Sorrisos e lágrimas (トラップ一家物語, Torappu Ikka Monogatari?, 1991)
- Jackie e a súa mascota (Daisōgen no Chiisana Tenshi Busshu Beibī, 1992?)
- Little Women II: Jo's Boys (若草物語 ナンとジョー先生, Wakakusa Monogatari: Nan to Jōsensei?, 1993)
World Masterpiece Theater (1994–1997; sen patrocinador)
- Tico dos sete mares (七つの海のティコ, Nanatsu no Umi no Tiko?, 1994)
- Os ceos azuis de Romeo (ロミオの青い空, Romio no Aoi Sora?, 1995)
- Lassie (名犬ラッシー, Meiken Rasshī?, 1996)
- Remi, a nena sen fogar (家なき子レミ, Ie Naki Ko Remi?, 1996 - 1997)
House Foods World Masterpiece Theater (2007–presente)
- Os miserables (レ・ミゼラブル 少女コゼット, Re Mizeraburu Shōjo Kozetto?, 2007)
- A longa viaxe de Porphy (ポルフィの長い旅, Porufi no Nagai Tabi?, 2008)
- Kon'nichiwa Anne: Before Green Gables (こんにちは アン?, lit. Ola Anne ~ Antes das Tellas verdes, 2009)