presidente dos Estados Unidos de América de 1897 a 1901 From Wikipedia, the free encyclopedia
William McKinley, nado en Ohio o 29 de xaneiro de 1843 e finado en Buffalo o 14 de setembro de 1901, foi o vixésimo quinto presidente dos Estados Unidos de 1897 a 1901.
Foi presidente durante a Guerra Hispano-Estadounidense de 1898. Co seu mandato comezou un período de dominio do Partido Republicano, durante o cal se fomentou a actividade mercantil e os Estados Unidos converteuse nunha potencia mundial tras a súa vitoria na guerra contra España polas últimas colonias de Ultramar.
En 1898, McKinley intentou axudar a Cuba declarar a independencia de España. Cando o 15 de febreiro o acoirazado americano Maine estoupou misteriosamente no porto da Habana, o 29 de marzo ante a amplitude da presión popular e as consecuencias dunha inacción sobre o resultado das futuras eleccións, MacKinley cede á opinion pública: o 29 de marzo, envía un ultimato a España, esixindo un armisticio inmediato a Cuba e a independencia da illa, Madrid xa aceptara practicamente todas estas condicións[Cómpre referencia]. Xa que logo o 11, convencido de que a súa popularidade tiña ese prezo, o Presidente demanda ao Congreso de declarar a guerra a España.
O 25 de abril, os Estados Unidos lánzanse así nunha cruzada romántica e oficialmente idealista, non sen afirmar que rexeitaban « calquera desexo ou intención de exercer algunha soberanía, xurisdición ou control da illa, pois era soamente coa única intención de pacificala ... »
En tan só catro curtos meses de guerra e co Tratado de París asinado o mes de decembro, os Estados-Unidos de América, despois de anexionarse Hawai o mes de xullo, compran por 20 millóns de dólares as illas Filipinas a España a cal, por outra banda, concede por razóns de indemnización de guerra, Porto Rico e a illa de Guam recoñecendo pola mesma a independencia de Cuba.
Mentres tanto, o Secretario de Estado John Hayso negociou unha política comercial con China, e arranxou con outro tratado baixo o cal os Estados Unidos construirían e posuirían a Canle de Panamá.
A súa reelección polo segundo mandato que gañaría McKinley en 1900, foi interrompida o 6 de setembro do ano seguinte en Buffalo polas balas do anarquista polaco, Leon Czolgoszdun.
Na súa memoria chamouse McKinley unha das montañas máis altas de América (Pico McKinley en Alasca).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.