![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/William_Carlos_Williams_passport_photograph_1921.jpg/640px-William_Carlos_Williams_passport_photograph_1921.jpg&w=640&q=50)
William Carlos Williams
poeta estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
William Carlos Williams, nado en Rutherford (Nova Jersey) o 17 de setembro de 1883 e finado na mesma cidade o 4 de marzo de 1963, foi un escritor estadounidense vinculado ao modernismo e ao imaxismo. É especialmente coñecido pola súa obra poética.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de setembro de 1883 ![]() Rutherford, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Morte | 4 de marzo de 1963 ![]() Rutherford, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Lugar de sepultura | Hillside Cemetery (en) ![]() Nova Jersey ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Universidade de Pensilvania |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e actividade literaria ![]() |
Ocupación | poeta , médico escritor , crítico literario , autobiógrafo , médico , escritor ![]() |
Membro de | |
Movemento | Poesia moderna (pt) ![]() ![]() ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en | |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Ademais de exercer como médico e de escribir dramas e prosa variada, Williams é un dos poetas modernistas máis innovadores e admirados. Foi condiscípulo dos poetas Ezra Pound e Hilda Doolittle, e nos primeiros poemas acusou a influencia do imaxismo.
Máis tarde converteuse en impulsor do uso literario da fala coloquial. O seu bo oído para os ritmos naturais do inglés falado axudouno a liberar a poesía da métrica que imperaba na versificación en inglés dende o Renacemento. Superada a tendencia imaxista, foi un poeta de gran sinxeleza expresiva e de fácil comprensión, con certo gusto pola adiviña, interesado na constante experimentación e na intimidade lírica. Como outros modernistas, procurou diluír a figura do poeta, deixando que falase o poema por si. Non buscou os símbolos nas cousas senón máis ben as propias cousas, que expresa imitando a fluidez da fala.
Williams cre que a realidade obxectiva esperta a imaxinación de quen a percibe, e non o proceso inverso. Utiliza o verso libre e a disposición visual das liñas marca a estrutura poética. Na súa obra Paterson, escrita ao longo de varios anos, mestura poesía, prosa e colaxe incluíndo mesmo fragmentos de publicidade. Constitúe unha especie de biografía épica dun doutor-poeta, pero formalmente consiste nunha montaxe de escenas e de imaxes, con poucos verbos que as vinculen explicitamente.