![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0f/Wilco.jpg/640px-Wilco.jpg&w=640&q=50)
Wilco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Wilco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Chicago, Illinois no ano 1994. O grupo formárono os membros da banda de country alternativo Uncle Tupelo, despois da saída do seu vocalista Jay Farrar. Os seus membros cambiaron frecuentemente, permanecendo só o vocalista Jeff Tweedy e o baixista John Stirratt da súa formación orixinal. Dende o ano 2004, os outros membros son o guitarrista Nels Cline, os multi-instrumentistas Pat Sansone e Mikael Jorgensen e o batería Glenn Kotche.
Wilco | |
---|---|
![]() Wilco actuando no Austin City Limits Music Festival, en setembro de 2004. | |
Orixe | Chicago, Illinois, ![]() |
Período | 1994 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, country alternativo, folk rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | dBpm Records, Nonesuch, Reprise |
Membros | Jeff Tweedy John Stirratt Nels Cline Glenn Kotche Pat Sansone Mikael Jorgensen |
Antigos membros | Leroy Bach Max Johnston Jay Bennett Bob Egan Ken Coomer |
Na rede | |
http://www.wilcoworld.net/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
A música de Wilco foi inspirada por unha gran variedade de artistas e estilos, e converteuse en influencia dun bo número de grupos de rock alternativo actuais. No seu álbum de estrea Wilco continuou o son country alternativo de Uncle Tupelo, pero dende entón introduciron máis experimentación á súa música, incluíndo elementos do rock alternativo e do pop clásico.