West Point
localidade do estado de Nova York From Wikipedia, the free encyclopedia
localidade do estado de Nova York From Wikipedia, the free encyclopedia
West Point é o posto militar máis antigo dos Estados Unidos ocupado continuamente.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Condado | Condado de Orange | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.341 (2020) (137,26 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 952 (2020) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 53,481884 km² | ||||
Auga | 4,3639 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 220 m | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10996–10997 e 10996 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 845 | ||||
Situado no condado de Orange do Estado de Nova York, na beira do río Hudson, West Point foi identificado polo xeneral George Washington como a posición estratéxica máis importante de Norteamérica durante a Revolución Americana.
Situada na cidade de Highland Falls, no condado de Orange do Estado de Nova York, West Point abarca unha extensión de 64,9 km2, incluíndo o campus da Academia Militar dos Estados Unidos, que normalmente se chama "West Point".
No ano 2010 tiña unha poboción de 6 763 habitantes,[1] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 104,05 hab./km2
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, no ano 2020 os ingresos medios por fogar na localidade eran de $56 516, e os ingresos medios por familia eran de $56 364. Ao redor do 2,0 % da poboación estaban por debaixo do limiar de pobreza.[2]
Até xaneiro de 1778, West Point non foi ocupado polos militares. O 27 de xaneiro de 1778, o xeneral de brigada Samuel Holden Parsons e a súa brigada cruzaron o xeo no río Hudson e subiron á chaira de West Point e, desde ese día até a actualidade, West Point foi ocupada polo exército dos Estados Unidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.