Watchmen
From Wikipedia, the free encyclopedia
Watchmen (Vixilantes) é un cómic de superheroes da editorial DC Comics, escrito por Alan Moore e debuxado por Dave Gibbons.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
- Este artigo trata sobre o cómic, para obter información sobre a película vaia a Watchmen (filme); e sobre a banda canadense vaia a The Watchmen.
Foi publicado inicialmente coma serie limitada de 12 números entre 1986 e 1987 e posteriormente recompilado como novela gráfica e está considerado como un dos cómics máis revolucionarios da historia.
A obra gañou numerosos premios Kirby e Eisner, ademais de ser a única novela gráfica en gañar un premio Hugo. En 2005, a Revista Time incluíuna na lista das 100 mellores novelas de entre 1923 e a actualidade.