![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fa/Walt_Whitman_-_George_Collins_Cox.jpg/640px-Walt_Whitman_-_George_Collins_Cox.jpg&w=640&q=50)
Walt Whitman
From Wikipedia, the free encyclopedia
Walt Whitman, nado en West Hills, condado de Suffolk (Nova York) o 31 de maio de 1819 e finado en Camden (Nova Jersey) o 26 de marzo de 1892, foi un poeta norteamericano, considerado un dos maiores da súa nacionalidade.
![]() (1887) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Walter Whitman ![]() 31 de maio de 1819 ![]() West Hills, Estados Unidos de América (en) ![]() ![]() |
Morte | 26 de marzo de 1892 ![]() Camden, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
Lugar de sepultura | Harleigh Cemetery (en) ![]() ![]() |
Datos persoais | |
Residencia | Walt Whitman House (en) ![]() 99 Ryerson Street (en) ![]() ![]() |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Relixión | Deísmo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | carpinteiro , enfermeiro , mestre , xornalista , poeta , impresor , editor , ensaísta , escritor , novelista ![]() |
Período de actividade | 1842 ![]() |
Empregador | Brooklyn Eagle (en) ![]() Brooklyn Times-Union (en) ![]() ![]() |
Influencias | |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia![]() | |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Walter Whitman, Sr. (en) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
12 de abril de 1861-9 de abril de 1865 | Guerra civil estadounidense ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Foi o primeiro poeta que experimentou as posibilidades do verso libre, servíndose dunha linguaxe sinxela e moi achegada á prosa, á vez que creaba unha nova mitoloxía para a nova nación estadounidense, segundo os postulados do americanismo emerxente. O individualismo, os relatos das súas propias experiencias, un tratamento revolucionario do impulso erótico e a crenza nos valores universais da democracia son os trazos novidosos da súa poética; na liña co romanticismo do momento. Propuxo na súa poesía unha comuñón entre os homes e a natureza de signo achegado ao panteísmo. Tanto polos seus temas como pola forma, a poesía de Whitman arredábase de todo canto se entendía habitualmente por poético, aínda que soubo crear cos novos materiais momentos de fondo lirismo.
A súa obra, concentrada nas sucesivas edicións de Follas de herba, é referencia indispensable en gran parte dos poetas modernos.