filme de 2000 dirixido por Ang Lee From Wikipedia, the free encyclopedia
Wò hǔ cáng lóng (título orixinal: 臥虎藏龍) que en galego significa "Tigre agazapado, Dragón agochado"; é un filme wuxia (de acción, aventuras e artes marciais) dirixido por Ang Lee en 2000. É unha coprodución entre China, Hong Kong, Taiwán e Estados Unidos e a lingua orixinal é o mandarín. Está protagonizado por estrelas do cine de etnia chinesa, incluíndo a Chow Yun-fat, Michelle Yeoh, Zhang Ziyi e Chang Chen. O filme baséase na novela Crouching Tiger, Hidden Dragon do escritor de literatura wuxia Wang Dulu. As escenas de artes marciais e as de acción son froito das coreografías de Yuen Wo Ping.
Tigre e Dragón | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wò hǔ cáng lóng |
Director | Ang Lee |
Produtor | Li-Kong Hsu William Kong Ang Lee |
Guión | Hui-Ling Wang James Schamus Kuo Jung Tsai |
Baseado en | Crouching Tiger, Hidden Dragon (novela) de Wang Dulu |
Intérpretes | Chow Yun-fat Michelle Yeoh Zhang Ziyi Chang Chen Sihung Lung Pei-pei Cheng Fa zeng Li Xian Gao Yan Hai Deming Wang Li Li De Ming Wang, |
Música | Tan Dun |
Fotografía | Peter Pau |
Montaxe | Tim Squyres |
Distribuidora | Sony Pictures Classics |
Estrea | 2000 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | Taiwán[1] China[1] Hong Kong[1] Estados Unidos[1] |
Xénero | Acción, Romance, Artes marciais |
Orzamento | $17 000 000[2] |
Recadación | $213 525 736[2] |
Filme seguinte | Crouching Tiger, Hidden Dragon: Sword of Destiny |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/crouchingtigerhiddendragon/index.html | |
É unha historia ficticia, situada no período da Dinastía Qing na China, aproximadamente durante o reinado do Emperador Qianlong (arredor de 1680).
Os protagonistas da historia son dous experimentados e famosos mestres en artes marciais, Li Mu Bai (Chow Yun-fat) e Yu Shu Lien (Michelle Yeoh). Os dous están namorados, pero cren que non poden estar xuntos porque Shu Lien é a viúva do mellor amigo de Mu Bai. Por outra parte, Jen (Zhang Ziyi), filla do Gobernador Yu de Manchuria (Fa Zeng Li), desexa desesperadamente ter a vida emocionante e chea de aventuras dun guerreiro. Polo que de xeito secreto, Jen convértese na alumna da malvada guerreira "Raposa de Xade" (Cheng Pei-pei), de quen Mu Bai xurou vingarse xa que matou o seu mestre. Mu Bai vai na busca da súa lendaria espada, "A espada celestial", que roubou Jen. Jen loita contra Mu Bai en varias ocasións, e pese a superioridade de Mu Bai, el rexeita matala porque quere adestrala como aprendiz. Jen tamén loita contra Shu Lien, quen intenta ensinarlle os valores do amor e a amizade. Pero Jen non se deixa convencer polo seu amor prohibido co bandido do deserto Lo (Chang Chen), e rexeita a axuda de Mu Bai e Shu Lien.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.