Vuelta a España 2010
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 65.ª edición da Vuelta a España disputouse dende o 28 de agosto ata o 19 de setembro de 2010, cun percorrido total duns 3.242 kms entre as cidades de Sevilla e Madrid, repartidos en 21 tiradas.
Tipo | Vuelta a España ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Parte de | UCI World Ranking de 2010 (pt) ![]() ![]() |
Distancia do evento | 3.242,6 km ![]() |
Lugar de saída | Sevilla ![]() |
Liña de meta | Madrid ![]() |
Número de participantes | 198, inicio 156, final ![]() |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2010 (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Localización e Datas | |
País | España e Andorra ![]() |
Intervalo de tempo | 28 de agosto de 2010 – 19 de setembro de 2010 ![]() |
Número de edición | 65 ![]() |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Vincenzo Nibali |
Segundo da clasificación xeral | Peter Velits |
Terceiro da clasificación xeral | Joaquim Rodríguez |
Gañador da clasificación por puntos | Mark Cavendish |
Gañador da clasificación da montaña | David Moncoutié |
Winner of the combination classification | Vincenzo Nibali |
Vencedora da classificação por equipas | Katusha 2010 |
![]() | |
Outro | |
Páxina web oficial | lavuelta.com ![]() |
Nesta edición os organizadores decidiron cambiar o "xersei ouro" que ata entón vestía o líder da clasificación xeral da carreira polo novo "maillot vermello".
O gañador da carreira foi o ciclista italiano Vincenzo Nibali, con 25 anos de idade, que viña de ser 3º na clasificación xeral do Giro de Italia. Segundo foi o galego Ezequiel Mosquera que disputou a vitoria ata a penúltima tirada (na que venceu), quedando na xeral a unha distancia de 41 segundos do líder. Non obstante, o galego deu positivo nunha análise antidopaxe, e actualmente[cando?] aínda non se tomou unha decisión final sobre a súa expulsión da carreira. Se así fose, o eslovaco Peter Velits, que rematou a carreira na 3ª posición da clasificación xeral a máis de 3 minutos do líder, podería subir á 2ª posición.
Na 14ª tirada caeuse ó chan o que ata entón era o líder da Vuelta a España con 45 segundos de vantaxe, Igor Antón, que tivo que abandonar a carreira.
O gañador da clasificación por puntos foi o británico Mark Cavendish, que ademais acadou 3 vitorias parciais.
O gañador da clasificación da montaña foi o francés David Moncoutié.