![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fa/Vuelta_a_Espa%25C3%25B1a_2015_route_map.svg/langgl-640px-Vuelta_a_Espa%25C3%25B1a_2015_route_map.svg.png&w=640&q=50)
Vuelta a España 2015
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Volta a España 2015 foi a 70º edición da Volta a España, a terceira volta máis importante do mundo. Comezou o 22 de setembro en Marbella e tras percorrer 3.358 quilómetros rematou o 13 de setembro na Praza de Cibeles de Madrid. O percorrido contou con 21 etapas: unha contra reloxo por equipos inicial, outra contra reloxo individual, cinco de media montaña, seis de alta montaña e oito planas.
Tipo | Vuelta a España ![]() |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta ![]() |
Parte de | UCI WorldTour 2015 ![]() |
Distancia do evento | 3.376,4 km ![]() |
Lugar de saída | Puerto Banús ![]() |
Liña de meta | Madrid ![]() |
Número de participantes | 198, inicio 158, final ![]() |
Participantes | |
AG2R La Mondiale 2015, Astana 2015, BMC Racing 2015, Cannondale-Garmin 2015, Etixx-Quick Step 2015, FDJ 2015, Giant-Alpecin 2015, IAM 2015, Katusha 2015, Lampre-Merida 2015, Lotto NL-Jumbo 2015, Lotto-Soudal 2015, Movistar 2015, Orica-GreenEDGE 2015, Sky 2015, Tinkoff-Saxo 2015, Trek Factory Racing 2015, Caja Rural-Seguros RGA 2015, Cofidis 2015, MTN-Qhubeka 2015, Europcar 2015 e Colombia 2015 ![]() | |
Localización e Datas | |
País | España e Andorra ![]() |
Intervalo de tempo | 22 de agosto de 2015 – 13 de setembro de 2015 ![]() |
Número de edición | 70 ![]() |
Competición | |
Gañador da clasificación xeral | Fabio Aru |
Segundo da clasificación xeral | Joaquim Rodríguez |
Terceiro da clasificación xeral | Rafał Majka |
Gañador da clasificación por puntos | Alejandro Valverde 118 puntos. |
Gañador da clasificación da montaña | Omar Fraile 82 puntos. |
Vencedora da classificação por equipas | Movistar 2015 |
Winner of the combination classification | Joaquim Rodríguez |
Winner of the most combative rider | Tom Dumoulin |
![]() | |
Outro | |
Páxina web oficial | lavuelta.com… ![]() |
O campión foi o ciclista sardo Fabio Aru. Na segunda posición, quedou o escalador catalán Joaquim Rodríguez, que tamén conseguiu a clasificación da combinada, e no terceiro lugar quedou o polaco Rafał Majka.
Nas clasificacións secundarias: Alejandro Valverde gañou a clasificación por puntos, Omar Fraile a clasificación da montaña e o Movistar Team logrou a clasificación por equipos.
A gran revelación da carreira foi o mozo e gran contrarreloxista neerlandés Tom Dumoulin que chegaba á Vuelta como favorito para a etapa 17, pero que resultou un óso duro de roer e que despois de aguantar só os ataques dos seus rivais caeu na penúltima etapa ao perder máis de oito minutos con Fabio Aru, o que até aquel intre era segundo na carreira. Por isto todo, a organización premiouno co Premio Super Combativo.