Voo 001 de Icelandic Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 001 de Icelandic Airlines era un servizo chárter que se esnafrou o 15 de novembro de 1978 ao aproximarse á pista do aeroporto internacional Bandaranaike, en Colombo. O accidente do Douglas DC-8 que operaba a ruta matou 8 dos 13 tripulantes islandeses, os 5 tripulantes de reserva e 170 peregrinos musulmáns (principalmente indonesios), dun total de 262 pasaxeiros e tripulantes. O informe oficial das autoridades de Sri Lanka deu como causa probable do accidente un fallo da tripulación ao cumprir os procedementos de aproximación; porén, as autoridades estadounidenses e islandesas oficialmente dixeron que a culpa fora dos equipos defectuosos do aeroporto e de erros do control de tráfico aéreo. É de lonxe o peor accidente da historia da aviación islandesa e o segundo peor en Sri Lanka, despois do voo 138 de Martinair catro anos antes.
Voo 001 de Icelandic Airlines | |
---|---|
Douglas DC-8 semellante ao do accidente | |
Resumo | |
Data | 15 de novembro de 1978 |
Causa | voo controlado contra o terreo causado por equipo do aeroporto defectuoso xunto con erros da tripulación e o ATC |
Lugar | Katunayake, Sri Lanka |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Rei Abdulaziz |
Derradeira escala | aeroporto Bandaranaike |
Destino | aeroporto internacional Juanda |
Finados | 183 |
Feridos | 32 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-8-63CF |
Operador | Icelandic Airlines |
Rexistro | TF-FLA |
Pasaxeiros | 249 |
Tripulación | 13 |
Superviventes | 79 |
O voo saíu de Jeddah, en Arabia Saudita, en ruta cara a Surabaya, en Indonesia. Ía aterrar no aeroporto internacional de Colombo-Bandaranaike para recargar combustible e para rotar a tripulación. Na zona había tormentas e o vento cruzado era un problema.