Volta ao País Vasco 2018
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 58ª edición da Volta ao País Vasco (en éuscaro: Euskal Herriko 58. Itzulia, oficialmente: 2018 Itzulia Basque Country) foi a carreira ciclista por etapas que percorreu o País Vasco do o 2 ao 7 de abril de 2018.
Como é habitual, a carreira estivo formada por cinco etapas en liña e unha contra reloxo individual. Comezou en Zarautz, Guipúscoa e tras 819,9 quilómetros de percorrido rematou no epicentro do ciclismo vasco, a tamén guipuscoana vila de Éibar. A etapa raíña foi a sexta e final, co mítico ascenso a Arrate en Éibar para pechar a rolda vasca.
Esta carreira foi a décimo cuarta proba do UCI WorldTour 2018. Nesta edición houbo diversos cambios na carreira. Ademais de mudar o seu nome oficial, tamén se variaron as clasificacións secundarias. O maillot azul que antes era para o mellor das metas voantes pasou a ser para a nova clasificación dos máis xoves, mentres que o xersei dos puntos pasou de ser de cor branca a verde. O xersei de fondo vermello con puntos brancos da montaña continuou a ser o mesmo.
O vencedor xeral da volta foi o esloveno Primož Roglič que aproveitou a súa supremacía na modalidade contra o reloxo para impoñerse aos seus rivais máis directos. Ademais fíxose co xersei verde da clasificación dos puntos. Completando os caixóns do podio acabaron dous locais: no segundo lugar o alavés do Movistar Mikel Landa e na terceira praza o guipuscoano do Bahrain-Merida Ion Izagirre.
No resto de clasificacións os gañadores foron os seguintes: Carlos Verona na clasificación da montaña, Enric Mas na dos xoves e o Movistar Team entre os equipos.