From Wikipedia, the free encyclopedia
A 98ª edición da Volta a Cataluña disputouse en Cataluña entre os días 19 e 25 de marzo de 2018. Foi a novena proba do UCI WorldTour 2018. Como vén sendo habitual nos últimos anos, tivo comezo na vila de Calella e acabou no clásico circuíto que se realiza en Montjuïc, Barcelona.
A rolda catalá venceuna por terceira vez na súa carreira deportiva e segunda de maneira consecutiva o murciano do Movistar Team, Alejandro Valverde[1]. Ademais, o exitoso ciclista español tamén volveu vencer na clasificación da montaña, ademais de 2 etapas. Detrás del na clasificación remataron o seu compañeiro de equipo colombiano Nairo Quintana e o francés Pierre Latour que tamén se levou a clasificación dos xoves.
No resto de clasificacións complementarias, o balear Lluís Mas levou as metas volantes e o Movistar Team a dos equipos. Marc Soler foi o mellor dos catalás.
Esta proba iniciárona 25 conxuntos procedentes dos 5 continentes con 7 corredores cada un: os 18 do UCI WorldTour (de participación obrigada), máis 7 convidados de categoría Profesional Continental.
Etapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
---|---|---|---|---|---|
1.ª | 19 de marzo | Calella - Calella | 152,3 | Álvaro Hodeg | Álvaro Hodeg |
2.ª | 20 de marzo | Mataró - Valls | 175,6 | Alejandro Valverde | Alejandro Valverde |
3.ª | 21 de marzo | Sant Cugat del Vallès - Camprodon | 153,2 | Thomas De Gendt | Thomas De Gendt |
4.ª | 22 de marzo | Llanars - La Molina | 170,9 | Alejandro Valverde | Alejandro Valverde |
5.ª | 23 de marzo | Llívia - Vielha e Mijaran | 212,9 | Jarlinson Pantano | Alejandro Valverde |
6.ª | 24 de marzo | La Pobla de Segur - Torrefarrera | 117 | Maximilian Schachmann | Alejandro Valverde |
7.ª | 25 de marzo | Barcelona - Barcelona | 154,8 | Simon Yates | Alejandro Valverde |
A seguinte táboa amosa os dez mellores clasificados da xeral á fin da carreira:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Alejandro Valverde | Movistar Team | 28h 25'07" | |
2 | Nairo Quintana | Movistar Team | + 29" |
3 | Pierre Latour | AG2R La Mondiale | + 47" |
4 | Simon Yates | Mitchelton-Scott | + 47" |
5 | Marc Soler | Movistar Team | + 1' 10" |
6 | George Bennett | Team LottoNL-Jumbo | + 1' 23" |
7 | Daniel Martínez Poveda | EF Education Fist-Drapac | + 1' 29" |
8 | Steven Kruijswijk | Team LottoNL-Jumbo | + 1' 31" |
9 | Jesper Hansen | Astana | + 1' 31" |
10 | Thibaut Pinot | Groupama-FDJ | + 1' 34" |
Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Alejandro Valverde | Movistar | 46 | |
2 | Jordi Simón | Burgos BH | 34 |
3 | Marc Soler | Movistar | 22 |
Pos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Lluís Mas | Caja Rural | 13 | |
2 | Alejandro Valverde | Movistar | 8 |
3 | José Joaquín Rojas | LMovistar | 5 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.