Voitre de Rüppell
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voitre de Rüppell (Gyps rueppelli[2] ou ás veces Gyps rueppellii[3]) é un voitre grande que pode encontrarse normalmente na rexión do Sahel de África central e oriental. A súa poboación actual é de 30 000 individuos, pero está decrecendo debido á perda do seu hábitat, envelenamentos accidentais e outros factores.[3] Non debe confundirse co voitre Gyps fulvus. O voitre de Rüppell foi nomeado en honra de Eduard Rüppell, un explorador alemán do século XIX, coleccionista e zoólogo.[4] O voitre de Rüppell é considerado a ave que voa máis alto, xa que se confirmou que nun voo esta ave chegou a unha altitude de 11 300 m sobre o nivel do mar.[5]
Máis información Gyps rueppelli, Estado de conservación ...
Gyps rueppelli | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Crítico[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Pechar