sentido que interpreta a luz visible From Wikipedia, the free encyclopedia
A visión é o sentido que permite aos animais interpretar a súa contorna a partir da luz que reflicten as superficies que a compoñen.
O ollo é o primeiro compoñente deste sistema sensorial. No seu interior, a retina, composta de conos e bastóns, realiza os primeiros pasos do proceso perceptivo, e proxecta a través do nervio óptico e o núcleo xeniculado lateral ao córtex visual do cerebro. No cerebro comeza o proceso de enxeñería inversa que nos permite reconstruír as distancias, cores, movementos e formas dos obxectos que nos rodean.
A visión nútrese de múltiplas fontes de información para interpretar o mundo que nos rodea. Así, o uso de dous ollos permite a visión binocular, coa cal podemos percibir a distancia que hai ata os obxectos ou a diferenza entre o movemento dun paxaro e o movemento das sebes sobre as cales a ave se sitúa (ver percepción do movemento).
O estudo científico da percepción visual comeza no século XIX con Hermann von Helmholtz, e os primeiros métodos psicofísicos. A comezos do século XX faise forte a escola da Gestalt que propón que a visión esta fortemente guiada por procesos arriba-abaixo.
A mediados do século XX aparecen os propoñentes da percepción indirecta, os construtivistas, e os propoñentes da percepción directa, os ecoloxistas.
Hoxe en día é máis difícil falar de escolas, posto que o estudo da visión é sumamente interdisciplinar.
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.