especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
A viola brava ou violeta brava (Viola riviniana), é unha flor do xénero Viola da familia das violáceas. É natural de toda Europa e do norte de África (Alxeria, Marrocos, Tunisia) até o Líbano. É común nos prados húmidos e corredoiras sombrizas de toda Galiza.
Viola brava | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Viola riviniana' Reichenb. |
Planta herbácea, perenne, de deitada a ascendente, duns 20 cm.
Follas simples, pecioladas, de limbo suborbicular e base a xeito de corazón; as basais, en roseta e as caulinares, alternas; con estípulas filamentosas.
Flores sen cheiro, solitarias, de cor azul violeta, de até 25 mm de diámetro, cigomorfas (de simetría bilateral). Periantio con 5 sépalos agudos e 5 pétalos, o inferior dos cales presenta un esporón. Androceo formado por cinco estames, coas anteras aplicadas arredor do ovario, que é unilocular, con estilo sinxelo. Florean no período de abril a maio no hemisferio norte.
Froito glabro, duns 10 mm, tipo cápsula, dehiscente en tres valvas, expulsando as sementes, que son de cor acastañada e miden uns 2 mm.
O seu hábitat son as fragas, sebes e áreas arbustivas, tanto en carballeiras e faiais de montaña, coma en bosques de ribeira e incluso formacións de carballo anano.
En Galiza é moi común nos bosques e prados, sendo a especie de Viola máis común das carballeiras, clareiros de bosque e prados húmidos e sombrizos do país, acompañada moitas veces de cáncaros e fentos. En Galiza florea entre marzo e xuño[1].
Viola riviniana foi descrita por Rchb. e publicado en Iconogr. Bot. Pl. Crit. 1: 81, no ano 1823.[2][3]
Foi nomeada en honra do botánico alemán, Augustus Quirinus Rivinus (1652-1722).
Medicinal contra a tose, sudorífica e expectorante. Obtéñense esencias que se utilizan en perfumaría.
Son purgantes e vomitivas cando se comen, polo que o gado as rexeita.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.