órgano do tracto urinario que recibe a urina dos uréteres e a expulsa a través da uretra From Wikipedia, the free encyclopedia
A vexiga urinaria é un órgano oco musculomembranoso que forma parte do tracto urinario e que recibe a urina dos uréteres e a expulsa a través da uretra ao exterior do corpo durante a micción. Recibe tamén os nomes populares galegos de vincha e mexa.
Vexiga urinaria | |
---|---|
1. Sistema urinario humano: 2. Ril, 3. Pelve renal, 4. Uréter, 5. Vexiga urinaria, 6. Uretra 7. Glándula suprarrenal Vasos sanguíneos: 8. Arteria renal e vea renal, 9. vea cava inferior, 10. Aorta abdominal, 11. Arteria ilíaca común e vea ilíaca común | |
Vexiga masculina | |
Latín | vesica urinaria |
Gray's | pág.1227 |
Arteria | Arteria vesical superior Arteria vesical inferior Arteria umbilical Arteria vaxinal |
Vea | Plexo venoso vesical |
Nervio(s) | Plexo nervioso vesical |
Linfa | external iliac lymph nodes, internal iliac lymph nodes |
Precursor | seo uroxenital |
MeSH | Bladder |
Dorlands/Elsevier | Urinary bladder |
A vexiga urinaria está presente en todos os mamíferos. Procede da parte inferior do pedículo do alantoide, obliterándose progresivamente a parte superior deste pedículo para formar o uraco.
A vexiga urinaria está situada na escavación da pelve. Por diante está fixada á pube, por detrás limita co recto, coa parte superior da próstata e as vesículas seminais no home, e coa vaxina na muller. Superiormente está recuberta polo peritoneo parietal que a separa da cavidade abdominal, e por abaixo limita coa próstata no home e coa musculatura perineal na muller.
A vexiga urinaria cando está chea ten unha forma esférica, e cando está baleira aseméllase a un tetraedro con:
A capacidade fisiolóxica da vexiga urinaria ata que aparece o desexo de micción oscila entre os 300 e 350 ml. Pode aumentar de 2 a 3 litros en caso de retención aguda de urina. Esta capacidade redúcese en casos de cistite ata os 50 ml.
O interior da vexiga visualízase mediante unha cistoscopia, que mostra a mucosa vesical, os meatos ureterais e o pescozo vesical (a unión coa uretra). Estes tres puntos delimitan o trígono vesical, unha porción fixa e non distensible do órgano.
A parede da vexiga está formada por tres capas:
As tres capas da parede muscular forman o músculo detrusor que cando se contrae expulsa os ouriños e ten como antagonistas os esfínteres da uretra.
Mentres que a vexiga está chea de ouriños, o músculo está relaxado. Cando se micciona, o músculo contráese para expulsar os ouriños da vexiga.
Dous músculos do esfínter rodean a uretra, que é un conduto membranoso. Os ouriños saen por este conduto.
Os esfínteres manteñen pechada a uretra apertándoa coma se fosen bandas elásticas. Os músculos do chan da pelve que están debaixo da vexiga tamén axudan a manter pechada a uretra.
Cando a vexiga está chea, os nervios que se atopan nela mandan sinais ao cerebro. É cando se producen as gañas de ouriñar. Nese momento, o cerebro manda un sinal aos esfínteres e aos músculos do chan da pelve para que se relaxen. Isto permite que os ouriños saian a través da uretra. O cerebro tamén manda un sinal á vexiga para que se contraia e expulse o contido.
Para un bo control da vexiga, todos os compoñentes do sistema deben actuar en conxunto:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.