From Wikipedia, the free encyclopedia
A Venus de Lespugue é unha estatuíña de marfil que constitúe unha das máis célebres representacións femininas da Prehistoria, formando parte das coñecidas como Venus paleolíticas.
Foi descuberta en 1922 por R. et S. de Saint-Périer na cova dos Rideaux en Lespugue, en Haute-Garonne (Alto Garona). Cando a escavación estaba a rematar, un último golpe de pico sacou a luz a estatua, pero a danou. A escavación permitiu precisar a idade que se data entre 26.000 anos e 24.000 anos a. de C.
O material é marfil de mamut. Logo da rotura na descuberta, foi restaurada: mide 14,7 cm de alto, 6 cm de ancho e 3,6 cm de espesor.
A forma xeral corresponde aos cánones estilísticos postos de relevo por A. Leroi-Gourhan: os seos, o ventre e os cadrís inscríbense nun círculo, arredor do cal un rombo inclúe a cabeza e as pernas.
A cabeza é pequena e ovoide, desprovista de detalles anatómicos que individualicen un rostro. Nela hai uns trazos gravados, máis ou menos paralelos, que poden interpretarse como unha cabeleira. Seos e nádegas son voluminosas, practicamente esféricas. As pernas son curtas e terminan cuns esbozos de pés.
Sobre a parte dorsal, unha serie de estrías lonxitudinais paralelas parten desde un trazo horizontal situado so as nádegas. Estes elementos teñen sido obxecto de varias interpretacións, especialmente pénsase que representan unha sorte de saia ou pano.
A Venus de Lespugue forma hoxe parte das coleccións do Musée de l'Homme (Museo do Home) en París.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.