From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha venda[1] ou vendaxe[2] é unha tira téxtil ou doutro material que se usa para deter e absorber o sangue das feridas, proporcionar soporte e estabilización a lesións, e asegurar apósitos ou outros dispositivos médicos no seu lugar.
Vendaxe | |
---|---|
Home con vendaxe no brazo debido a unha ferida grave. As vendaxes son comúns en deportes das artes marciais para previr luxacións, e outros como fútbol, baloncesto etc., para previr lesións e proporcionar soporte. | |
Datos clínicos | |
Nome comercial | Diversas marcas e tipos dependendo da función específica e material: vendaxes elásticas, vendaxes cohesivas, vendaxes de gaza, etc. |
Rutas de administración | Tópico |
Código ATC |
|
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Na fala común, a palabra "venda" úsase a miúdo para significar un apósito, aínda que tecnicamente as dúas son cousas diferentes.
As vendaxes son fundamentais para o coidado médico e deportivo, con diferentes tipos adaptados a necesidades específicas.
Outro tipo particular son as vendaxes neuromusculares, cuxa eficacia é debatida. A pesar do seu estendido uso, non demostrou eficacia no seu uso en ensaios clínicos[3][4] e non hai evidencia científica de que proporcionen algún beneficio superior ao placebo, polo que é considerada por algúns un tratamento de pseudociencia.[5][6][7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.