Veit Stoss
escultor alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Veit Stoss (en polaco: Wit Stwosz) (nado entre 1445 e 1450 en Horb am Neckar e morto o 20 de setembro de 1533 en Nuremberg), foi un escultor alemán considerado como o máis importantes da súa época no territorio do sur de Alemaña e Cracovia, na Galitzia de Polonia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1447 Horb am Neckar, Alemaña |
Morte | 20 de setembro de 1533 (85/86 anos) Núremberg, Alemaña |
Lugar de sepultura | Johannisfriedhof (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Lugar de traballo | Cracovia Núremberg |
Ocupación | escultor, artista gráfico, pintor, tallista, gravador de cobre |
Movemento | Gótico internacional (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Veit Stoß, Stanisław Stwosz, Andreas Stoss |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Stoß, Veit, 230) Enciclopedia soviética armenia Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
En 1477 estabeleceu o seu taller en Cracovia, pero en 1496 retornou a Nuremberg. Con Adam Kraft e Peter Vischer, considéraselle o representante máis importante da última escultura gótica de Alemaña. Era un escultor rápido, de grande habilidade técnica, que na súa mocidade foi capaz de transmitir un naturalismo extremo. Talvez correspondese a riscos do seu propio carácter, pois os documentos do seu tempo descríbeno como un "cidadán inquieto, bulideiro". Os seus traballos posteriores, porén, mostran unha profundidade indubidábel de sentimentos. En canto á cuestión das súas obras, as últimas investigacións sinálano como o creador de gran parte das obras ata agora atribuídas ao célebre Peter Vischer.
Durante a súa etapa en Cracovia en 1477, no seu primeiro traballo, construíu un altar de madeira policromada magnífico na Basílica de Santa María. No centro, case de tamaño natural, a Virxe morre non brazos dun apóstolo. Outro altar na mesma igrexa describe seis escenas da vida de Santo Estanislau. As calidades excepcionais deste traballo, especialmente a animación do retrato e a eficacia compositiva, comportaron que unha comisión lle encargue a tumba do rei Casimiro IV Jagellón para a catedral de Wawel, tamén en Cracovia, que realiza en mármore vermello.
Por razóns descoñecidas Stoss retornou a Nuremberg, onde executou unha gran cantidade de obras, mais cómpre ter en conta que só algúns dos traballos que se lle atribúen son auténticos, pois en tempos pasados calquera peza importante no Sur de Alemaña imputábaselle ao taller de Stoss. Quizais a súa mellor obra sexa a "Salutación do Anxo" na Igrexa de San Lourenzo de Nuremberg (1518): o arcanxo, de figura finamente executada, e María, están envoltos por unha coroa enorme de rosas, entre as que figuran os sete gozos de María. Outras producións excelentes, pero menos célebres son: a táboa conmemorativa de Konrad Imhoff, agora no Museo nacional de München, e mais o Xesús Cristo cargando a Cruz e o Enterramento de Cristo na Igrexa de Nosa Señora de Nuremberg.
Outros traballos importantes son o altar da catedral de Bamberg, en Schwabach e máis esculturas en Nuremberg.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.