From Wikipedia, the free encyclopedia
O vatu é a moeda oficial de Vanuatu e é emitida polo Reserve Bank of Vanuatu (Banco de Reserva de Vanuatu). O seu código ISO 4217 é VUV e abréviase Vt. O vatu non conta nin contou nunca con subdivisión algunha debido ao baixo valor da moeda, deseñada á par do franco CFP empregado en Nova Caledonia e a Polinesia Francesa. O seu valor é flotante.
Vatu | |
---|---|
Código: | VUV |
Ámbito: | Vanuatu |
Símbolo: | Vt |
Fracción: | ningunha |
Moedas: | 1, 2, 5, 10, 20, 50 e 100 Vt |
Billetes: | 100, 200, 500, 1000, 2000, 5000 e 10000 Vt |
Emisor: | Reserve Bank of Vanuatu |
Taxa de troco: 08-02-2011 | 1 EUR = 126,7543 VUV 1 USD = 93 VUV |
O nome da moeda significa "pedra" en varias das linguas do arquipélago, xa que antígamente as pedras eran un elemente importante da sociedade: símbolo de continuidade e permanencia, e mesmo pensábase que algunhas tiñan propiedades máxicas.
O vatu foi introducido logo da independencia do país en 1982 para substituír o Franco das Novas Hébridas e ao Dólar australiano. Foi deseñado á par do franco CFP empregado en Nova Caledonia e a Polinesia Francesa.
Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.