From Wikipedia, the free encyclopedia
O Val das Raíñas (Biban el-Harim ou Biban es-Sultanat en árabe) é unha necrópole próxima a Tebas, en Exipto, reservada ás raíñas do final do Imperio Novo e outros membros da familia real, especialmente príncipes ramésidas.
O Val das Raíñas está situado na marxe esquerda do Nilo e penetra na cadea occidental, ou líbica, uns 1500 m. ao suroeste do Val dos Reis. Na antigüidade coñecíase como Ta-Set-Neferu, "o lugar dos Fillos do Faraón". Téñense identificado unhas 80 tumbas, entre elas cando menos as de catro fillos de Ramsés III, pero calcúlase que existirá o dobre.
O val sitúase preto do Val dos Reis e, igual que este, pretendíase que a súa localización fose secreta co obxecto de evitar que os ladróns de tumbas accedesen aos tesouros cos que se enterraban. Comezouse en tempos de Ramsés I e con anterioridade as esposas enterrábanse normalmente cos seus esposos.
A maioría das grandes tumbas tebanas, hoxe en día incompletas ou moi deterioradas, están escavadas na rocha e só unhas poucas teñen unha estrutura exenta. Os seus planos son moi variados pero pódense agrupar como segue:
Estas tumbas décoranse normalmente con pinturas, aínda que tamén se atopan relevos. Os temas inclúen escenas da vida cotiá e motivos relixiosos e destaca a finura e precisión de detalles, no estilo típico da fase final do Impero Novo.
A tumba máis fermosa da necrópole é a de Nefertari, muller de Ramsés II. A planta é moi complexa e parécese á dos reis. O teito está pintado cun ceu estrelado. Éntrase por unha escaleira con rampla central, á que se abre a primeira sala, que está arrodeada por un banco para as ofrendas e coroada polo texto do capítulo XVII do Libro dos Mortos, con ilustracións de cores moi vivas. Na segunda sala os temas das pinturas son mitolóxicos, coa raíña presentando ofrendas a diversas divindades, o mesmo que nas paredes da escaleira que, desde a primeira sala, leva á terceira. Nesta, sostida por catro piares, está o sarcófago de Nefertari, representada nas paredes rezando diante dos gardiáns das Portas.
QV significa Valley of the Queens, Val das Raíñas en inglés.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Val das Raíñas |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.