Vox é un partido político español conservador. Foi fundado en decembro de 2013 coa intención de presentar candidatura nas Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014,[1] o seu presidente é Santiago Abascal​ e o seu secretario xeral é Ignacio Garriga. É considerado por moitos como unha formación de ultradereita,[2] aínda que tamén foi situado por algúns medios na dereita do espectro político.

Datos rápidos Dirixentes e organización, Líder ...
VOX
Dirixentes e organización
LíderSantiago Abascal Conde
MocidadesVox Jóvenes
Filiación internacionalForo Madrid
Historia
Fundación17 de decembro de 2013
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo español
Centralismo
Unitarismo
Populismo de dereita
Liberalismo económico
Conservadorismo
Euroescepticismo
Sionismo[Cómpre referencia]
Monarquismo
Catolicismo tradicionalista
Antifeminismo
Antiislam
Posición políticaDereita a extrema dereita
Representación
Concelleiros
1.695 / 67.611
Parlamentos autonómicos
118 / 1.268
Parlamento Europeo
4 / 350
Congreso dos Deputados
33 / 350
Senado
3 / 266
Outros datos
SedeC/ Bambú, 12, 28036 Madrid
PublicaciónLa gaceta de la Iberosfera
Na rede
voxespana.es
Facebook: vox.espana Twitter: vox_es Instagram: vox_es Telegram: VOXtelegram Youtube: UCRvpumrJs0qY1xLzeU0Ss1Q Twitch: vox_es_ Flickr: voxespana Editar o valor en Wikidata
Pechar

Naceu grazas ó pulo de antigos militantes do Partido Popular;[3] entre eles Santiago Abascal Conde, José Antonio Ortega Lara, Jose Luis González Quirós, Enrique Álvarez, Cristina Seguí, Ana Velasco Vidal-Abarca, Ignacio Camuñas Solís, Iván Espinosa de los Monteros e María Jesús Prieto-Laffargue.[4]

Ideoloxía

No seu manifesto fundacional, o partido defende a necesidade de rexeneración política do Estado constitucional e expón como principios inspiradores do partido a indisoluble unidade da Nación española, a reforma do Estado das autonomías e a recentralización do Estado, o fomento da separación de poderes e a independencia da xustiza, o impulso dunha nova lei de partidos e unha nova lei electoral, a mellora do papel internacional de España e a reforma da lei do aborto, entre outros.[5][6]

Na súa mensaxe, Vox incluíu elementos islamófobos,​[7] reivindicación de valores tradicionais como a caza e a tauromaquia,​[8] nacionalismo centralista, rexeitamento do aborto e propostas económicas liberais,​ en contraste neste último aspecto coas posicións máis estadistas de partidos nórdicos de dereita coma os Verdadeiros Finlandeses ou o Partido Popular Danés.[9]

Resultados electorais

Eleccións xerais

Máis información Comicios, Cabeza de lista ...
Comicios Cabeza de lista votos  % de
votos
Deputados Senadores Notas
2015Santiago Abascal58 1140,23%
0 / 350
0 / 208
Primeira participación
2016Santiago Abascal47 1820,20%
0 / 350
0 / 208
abril de 2019Santiago Abascal2 664 32510,26%
24 / 350
0 / 208
novembro de 2019Santiago Abascal3 656 97915,09%
52 / 350
2 / 208
Pechar

Eleccións ao Parlamento Europeo

Máis información Comicios, Cabeza de lista ...
Comicios Cabeza de lista votos  % de
votos
Deputados Notas
2014Alejo Vidal-Quadras244 9291,56%
0 / 54
Primeira participación.
Pechar

Eleccións autonómicas

Parlamento de Andalucía

Máis información Comicios, Cabeza de lista ...
Comicios Cabeza de lista votos  % de
votos
Deputados Notas
2015Francisco Serrano Castro18 4220,46%
0 / 109
Primeira participación.
2018Francisco Serrano Castro395 97810,97%
12 / 109
Pechar

Parlamento Vasco

Máis información Comicios, Cabeza de lista ...
Comicios Cabeza de lista votos  % de
votos
Deputados Notas
2016Francisco Serrano Castro7740,07%
0 / 75
Primeira participación.
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.