Víctor Balaguer
escritor e político catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
escritor e político catalán From Wikipedia, the free encyclopedia
Víctor Balaguer Cirera, nado en Barcelona o 11 de decembro de 1824 e finado en Madrid en 1901, foi un escritor e político catalán, unha das figuras principais da Renaixença.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Nome orixinal | (ca) Víctor Balaguer i Cirera |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 11 de decembro de 1824 Barcelona, España |
Morte | 14 de xaneiro de 1901 (76 anos) Madrid, España |
Senador do Reino | |
26 de outubro de 1889 – 14 de xaneiro de 1901 Circunscrición electoral: senador vitalicio | |
Ministro de Ultramar | |
10 de outubro de 1886 – 14 de xuño de 1888 ← Germán Gamazo – Trinitario Ruiz Capdepón (pt) → | |
Ministro de Ultramar | |
3 de xaneiro de 1874 – 13 de maio de 1874 ← Santiago Soler i Pla – Antonio Romero Ortiz → | |
Ministro de Fomento de España | |
26 de maio de 1872 – 13 de xuño de 1872 ← Francisco Romero Robledo, José Echegaray Eizaguirre | |
Ministro de Ultramar | |
5 de outubro de 1871 – 21 de decembro de 1871 ← Tomás María Mosquera García – Juan Bautista Topete y Carballo → | |
Deputado das Cortes | |
13 de abril de 1871 – 21 de novembro de 1890 – Salvador de Samà (pt) → Circunscrición electoral: Vilanova i la Geltrú | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
16 de febreiro de 1869 – 2 de xaneiro de 1871 | |
Presidente da Deputación de Barcelona | |
1868 – 1869 ← Pere Dalmases i Vallès (en) – Anicet Mirambell i Carbonell (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político , poeta , dramaturgo , historiador , escritor , xornalista |
Partido político | Partido Progresista Partido Liberal Fusionista |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía |
Movemento | Romanticismo e Renaixença |
Lingua | Lingua catalá, lingua castelá e lingua occitana |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios
| |
Fillo dun médico de ideoloxía liberal quedou orfo de ben cativo. Estudou leis na Universidade de Barcelona. Masón, liberal e de ideas románticas, a súa nai desherdouno a causa da súa ideoloxía. Foi parte da mocidade dourada barcelonesa dos anos de 1840.
Como xornalista colaborou no Diario de Barcelona (asinando como Julia) e interveu na fundación de El Catalán (1847) e La Corona de Aragón (1854), do cal se separou logo para fundar canda Lluís Cutchet, El Conseller (1857).
A súa obra literaria escribiuna en castelán e catalán. A obra lírica catalá recolleuse en Lo Trobador de Montserrat (1861) e en Esperances i récords (1869), que abrangue os temas relixiosos e amorosos. No obstante, a Oda a la Verge de Montserrat é quizais a mellor das súas composicións líricas. Foi un dos impulsores da restauración dos Jocs Florals en 1859 e foi o primeiro mestre en Gai Saber.
Como autor dramático, as súas traxedias recrean ambientes clásicos: La Mort d'Aníbal, L'ómbra de Cessar, Lo festí de Tibullus, La Mort de Neró, Saffo —onde se detén na morte da poetisa—. La tragedia de Llívia remóntase aos tempos de Munuza. L'última hora de Colon e Lo guant del degollat, reflicten, a primeira, un coñecido episodio da historia española, a segunda, outro da aragonesa. Les Esponsalles de la Morta, recrean o tema de Romeo e Xulieta, mentres que Lo Comte de Foix e a súa segunda parte (Raig de Lluna), versan sobre as consecuencias da batalla de Muret.
Tamén escribiu obras históricas e críticas Los frailes y sus conventos (1851). La Historia de Cataluña (1860-63) está moi ben documentada. A Historia política y literaria de los trovadores (1878-79), escrita durante o seu desterro en Francia, dá unha visión romántica da poesía occitana. Foi un gran valedor da amizade catalano-occitana; no seu exilio en Francia coñeceu a Frédéric Mistral en 1865, participou no Felibrige, do cal foi nomeado vicepresidente.
A súa obra máis ambiciosa foi a triloxía Los Pirineus. As consecuencias da cruzada albixense, a voz dos trobadores cantores da liberdade e o amor do mundo románico no escenario dos Pireneos, constitúen o esquema do poema. Felip Pedrell compuxo a ópera de título análogo, o prólogo estreouse en Venecia en 1897 e, enteira, no Liceu de Barcelona en 1902.
A actividade política de Balaguer comeza en 1854 no bando progresista. Como correspondente de El Telégrafo asiste ás campañas en Italia (1859) e compón un poema sobre a liberdade que están conquistando os italianos (Eridania). Mis recuerdos de Italia, publicado probablemente en 1870, suman a estas experiencias as da súa viaxe oficial como deputado, nese ano, para ofrecer a coroa de España a Amadeu de Savoia. Exiliado en Francia en 1866, é máis tarde deputado nas Constituíntes de 1869. Foi gobernador e varias veces ministro, mesmo na Restauración, responsable das carteiras de Ultramar e Fomento. Preocupouse de Filipinas e dos seus problemas etnográficos e o seu progreso técnico.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Víctor Balaguer |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.