From Wikipedia, the free encyclopedia
A vía tolosana é o nome latino dun dos catro camiños franceses da peregrinación a Santiago de Compostela, a situada máis ao sur. Pasa pola cidade de Tolosa, da cal toma o seu nome, mais o punto de xuntanza e de partida estaba en Arles. Atravesa o país de etapa en etapa e franquea os Pireneos polo paso de Somport. Xa do lado español, o camiño continúa co nome de Camiño aragonés até a etapa de Puente la Reina, onde se efectúa a unión co Camiño navarro, que non é senón a prolongación doutros camiños procedentes de Francia. Desde aí, o camiño cara a urbe compostelá prosegue baixo a denominación de Camiño francés.
Tipo | ruta xacobea | ||
---|---|---|---|
Parte de | Camiño de Santiago en Francia Way of Saint James UNESCO World Heritage Sites in France (en) | ||
Inicio | |||
División administrativa | Francia | ||
Final | |||
División administrativa | Urdos, Francia | ||
Localización | Somport (en) | ||
Conéctase con | Camiño de Santiago aragonés Via Adresca (en) chemin du Piedmont (en) | ||
Características | |||
Itinerario Cultural Europeo | |||
Na saída de Arles, a vía tolosana ou vía arletanensis, que Aimery Picaud no Guía do Peregrino, Libro V, nomea vía Aegidia [a ruta de Saint-Gilles do Gard)], eran acollidos os peregrinos vindos de Italia, dos Alpilles e da Provenza, mais tamén servía , en sentido inverso, para axuntárense os romeus que chegados da Península Ibérica ou doutras partes de Francia se dirixían para Roma e tomaban, no lado italiano, a vía francigena.
O seu nome está ligado ao da capital da dinastía condal dos Saint-Gilles, que xogou, no século XII, un papel importante nas terras do Languedoc.
Ricas en historia e unidas por unha mesma lingua, a dos trobadores, estas terras viron expandirse unha das máis brillantes civilizacións da Idade Media, como o testemuñan, amén dos vestixios da antigüidade romana, as cidades, mosteiros e igrexas románicas que enmarcan o trazado desta vía cara ao sur, e que dominan os castelos e os feudos testemuño da traxedia cátara.
Este camiño estaba precedido pola Vía Domitia, que desde o col de Montgenèvre vai até Arles, pasando por Sisteron, Apt, tamén chamada Vía Francigena porque para os italianos atravesa Francia.
Había ademais un camiño paralelo, o camiño do Piedmont ou «el cami deu pé de la coste» (o camiño do pé da costa), que pasa por Saint-Bertrand-de-Comminges, até xuntarse á vía tolosana no paso de Somport.
Todos estes camiños empataban co Camiño aragonés para unirse ao Camiño francés en Puente la Reina.
No século XII, na súa Guía do Peregrino ou Codex Calixtinus, Libro V, Aimery Picaud dá as informacións seguintes :
Os Camiños de Santiago
« Hai catro rutas que, conducindo a Santiago, se reúnen nunha soa en Puente la Reina, unha pasa por Saint-Gilles (do Gard), Montpellier, Tolosa, e Somport, (...) »
Corpos santos que repousan na ruta de Santiago e que os peregrinos deben visitar.
Ante todo os que van a Santiago pola ruta de Saint-Gilles, deben render visita en Arles, o corpo do benaventurado Trófimo, confesor, a súa festa se celebra o 29 de decembro, (...), o corpo do benaventurado Cesáreo, bispo e mártir, a súa festa se celebra o 1 de novembro, (...) e no cemiterio da mesma vila as reliquias do bispo santo Honorata, o seu oficio solemne celébrase o 16 de xaneiro, o corpo do santísimo mártir Xinès.
É preciso tamén visitar moi atentas consideracións o corpo venerable de san Xil (Gilles), piadoso confesor e abade, (...) (en Saint-Gilles-du-Gard).
Deben render visita ao corpo do benaventurado confesor Guillerme, santísimo portaestandarte (...) do rei Carlomagno, (...), no val de Gellone (Saint-Guilhem-le-Désert), a súa festa celébrase o 28 de maio.
Na mesma ruta, cómpre render visita aos corpos dos benaventurados mártires Tiberio, Modesto e Florencio, (...) (en Saint-Thybèri) ; teñen a súa festa o 10 de novembro.
Cómpre aínda, na mesma ruta, ir venerar o moi santo corpo do benaventurado Sadurniño (Sernin), bispo e mártir (...) da cidade de Tolosa; (…) ; a súa festa conmemórase o 29 de novembro.
Non existe un «camiño histórico», falando con propiedade. Nada testemuña en certos casos o paso dos peregrinos, salvo a presenza dun corpo santo, con frecuencia ligado a unha romaxe local, como a de Saint Lizier ou a de Saint-Bertrand-de-Comminges. Ambos as dúas sobre «el cami deu pé de la coste».
Hai poucos hospitais de Santiago, ao contrario do que se ve na vía podiensis, e menos aínda confrarías que daten do grande período da peregrinación, entre os séculos XI e XIII. Por contra algúns raros testemuños datan dos séculos XVI – XVII.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vía tolosana |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.