![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Gray495.png/640px-Gray495.png&w=640&q=50)
Válvula tricúspide
From Wikipedia, the free encyclopedia
A válvula tricúspide é unha válvula que separa dúas cavidades do corazón, a aurícula dereita e o ventrículo dereito. Está composta dun anel de sustentamento, que fixa os tres compoñentes ou cúspides, de aí onde se orixina seu nome. Na diástole cardíaca atópase aberta, permitindo a circulación do sangue dende a aurícula cara ao ventrículo. Cando acontece a sístole ventricular, esta válvula pecha, impedindo que o sangue recúe á aurícula.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Gray495.png/320px-Gray495.png)