Uxía de Alexandría
Mártir cristiá romana From Wikipedia, the free encyclopedia
Mártir cristiá romana From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa Uxía[1], coñecida por veces coma Santa Euxenia[1], Santa Euxea[1] ou Santa Ouxea[1], foi unha mártir cristiá nada na antiga Roma do século III e finada en Roma ou Alexandría en 258, venerada pola Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa, cuxa festividade celébrase o 23 e 24 de decembro, respectivamente. A súa haxiografía inclúese na Lenda dourada. O seu culto é moi antigo, e tornouse moi popular por relatos de fabulosas milagres espalladas en varias linguas.[2] En Galicia é patroa de numerosas parroquias (Véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Uxía).
Nome orixinal | (el) Ευγενια |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | c. 25 de decembro de 262 Roma, Italia |
Causa da morte | decapitación |
Actividade | |
Campo de traballo | Cristianismo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 25 de decembro |
Uxía era filla dun nobre romano, Filippo, que foi nomeado prefecto de Exipto polo emperador Galieno, polo que se trasladou a Alexandría coa súa familia, a súa dona Claudia, Uxía e mailos seus irmáns Serxio e Avito. Aló Uxía converteuse ao cristianismo cos seus escravos Proto e Xacinto. Como consagrara secretamente a súa virxindade a Deus, fuxiu da súa casa vestida de home para evitar o seu casamento concertado co mozo Aquilino, fillo do cónsul, e baixo falsa identidade ingresou nun mosteiro masculino.
Siguiu finxindo ser home e co tempo chegou a ser abade e a súa sona estendeuse dentro e fóra do convento. Daquela, unha nobre romana chamada de Melanzia intentou seducilo, mais ao ser rexeitada por despecho acusouno de intentar abusar dela. No xuízo, presidido polo seu propio pai, para demostrar a súa inocencia tivo que revelar a súa verdadeira identidade. Tras reencontrar á súa filla perdida o seu pai se convertería tamén ao cristianismo.
Foi mandada decapitar polo prefecto de Alexandría Nicezio un 25 de decembro.[3] e foi sepultada na vía Latina.[4]
É recoñecida pola moderna comunidade LGBT coma un exemplo de santo transxénero, particularmente reflectida na obra de 1996 de Lorae Parry, Eugenia, sobre unha inmigrante italiana para a Nova Zelandia no século XX que vive como un home.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.