Usuario:Matthew Barera/sandbox
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Chicago Fire Soccer Club é un club de fútbol profesional dos Estados Unidos baseado en Bridgeview, Illinois, un suburbio de Chicago. O equipo é parte da liga, Major League Soccer. O nome do Chicago Fire vén do gran incendio de Chicago en 1871, que destruíu gran parte da cidade. O club foi fundado o 8 de outubro de 1997, o 126º aniversario do incendio. Na súa primeira tempada na MLS en 1998, o Fire gañou a Copa MLS e tamén a US Open Cup (a "dobre"). O Chicago Fire gañou a US Open Cup en 2000, 2003 e 2006. No ano 2003, o Fire gañou o MLS Supporters' Shield, o trofeo para o equipo co mellor rexistro durante a tempada regular.
Chicago Fire | |||
---|---|---|---|
Nome | Chicago Fire Soccer Club | ||
Alcume(s) | The Fire; La Maquina Roja; Men in Red; Strażacy (Bombeiros) | ||
Fundación | 1997 | ||
Estadio | Toyota Park Bridgeview, Illinois | ||
Capacidade | 20,000 | ||
Presidente | Andrew Hauptman | ||
Adestrador | Frank Yallop | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2013 | Conferencia Leste: 6º Lega: 12º Playoffs: non se clasificou | ||
Na rede | |||
http://www.chicago-fire.com/ | |||
| |||
The Fire mantén un sistema extenso de desenvolvemento, que consiste no Chicago Fire Premier (Premier Development League e Super-20 League equipos), o equipo do Chicago Fire NPSL, a Chicago Fire Academia de Desenvolvemento, ea organización xuvenil, Chicago Fire Juniors. Eles tamén operan a Chicago Fire Foundation, a división de caridade baseada na comunidade do equipo. Toyota Park é o estadio do Fire. O adestrador do equipo é Frank Yallop.